A partir da historia de Memed preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito. E que se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Memed, un neno que se ve forzado a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia do protagonista e, polo outro, preséntannos unha serie de actividades que nos permiten profundar nos...
Quiero saber más
Este Global Express analiza o impacto das armas e da cultura da violencia nas sociedades do sur e do norte para pór ao descuberto quen gaña e quen perde con este lucrativo negocio. O material ofrece ferramentas para desenvolver no alumnado unha actitude crítica para coa cultura da violencia e propón alternativas para traballar a favor dunha cultura de paz.
Quiero saber más
Este Global Express ofrece elementos para reflexionar sobre a entrada en vigor do Protocolo de Kyoto e a súa influencia sobre as poboacións máis vulnerábeis do planeta. A través de cinco actividades, o material cuestiona se a entrada en vigor do Protocolo é suficiente para paliar os efectos da mudanza climática e frear a chamada pegada ecolóxica. Este Global denuncia ademais cómo as poboacións máis afectadas son as menos responsábeis polo quecemento global e fai unha chamada á responsabilidade individual e colectiva para facer fronte á mudanza climática e atinxir un equilibrio ambiental. O material pretende ademais espertar no alumnado unha actitude autocrítica que permita tomar conciencia do impacto das...
Quiero saber más
Este Global Express ofrece elementos para analizar o estado actual da democracia e algunhas propostas para responder ao principal desafío que hoxe se lles propn: construír unha cidadanía participativa e libre. A través das súas actividades, o material pretende remarcar que a participación é un proceso que se ensina, se aprende e se experimenta, e que a construción social sé é posibel a través da participación cidadé. No relativo à participación política, repasa a través de dúas actividades o funcionamento electoral da nosa democracia e propón a realización dun debate sobre se efectivamente os mozos pasan da política. Ao longo das seis actividades, ponse de manifesto que todo o mundo pode participar en...
Quiero saber más
Este Global Express ten como obxectivo principal a toma de conciencia por parte do alumnado sobre a dependencia do petróleo do nos o estilo de vida e consumo. Igualmente, pon sobre a mesa as consecuencias que a produción deste combustíbel ten para as poboacións do Sur, máis alá dos problemas ambientais e xeoestratéxicos que implica a súa posesión, extracción e comercialización. Este material comeza co traballo dunha fotografía que permite sondar o alumnado con relación aos seus coñecementos previos sobre o tema. “O petróleo, unha riqueza envelenada” ofrece ademais unha visión completa de quen está detrás do negocio do petróleo, desde os principais países produtores até as grandes empresas que...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express analiza o estado en que se encontran os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), cinco anos despois da súa aprobación por parte das Nacións Unidas. O material ofrece, a través de cinco actividades de aula, un detallado balanzo dos avances e retrocesos conseguidos até agora en cada un deles e fornece elementos para reflexionar sobre o papel da ONU e da cidadanía na loita contra a pobreza. Os ODM, aprobados no ano 2000 por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pretendían promover a dignidade humana e a igualdade, alcanzar a paz, garantir os dereitos básicos como a alimentación ou a saúde e atinxir o...
Quiero saber más
Os obxectivos básicos deste Global Express son analizar o impacto do modelo turístico dominante, especialmente nos países empobrecidos, e reflexionar sobre a nosa responsabilidade como turistas. A través da primeira actividade, proponse facer descubrir ao alumnado que a información fornecida representa as dúas caras dun mesmo país e que a visión idílica que se nos ofrece sobre algúns destinos turísticos acocha a miúdo situacións de pobreza e inxustiza. A partir da análises dunhas bandas deseñadas, póñense ao descuberto os estereotipos que se ocultan detrás de moitos destinos e proponse unha diferenciación entre viaxar como turistas ou como viaxeiros. A lectura dunhas noticias pretende abrir a reflexión e o coñecemento sobre...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express ten como obxectivo reflexionar sobre os patróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias ambientais e sociais do noso consumo e do noso modelo económico. Co pretexto do Nadal, este material pretende mostrar a influencia que ten o noso ambiente no consumo e tomar conciencia das cousas que temos, moitas delas infrautilizadas. O teléfono móbil serve de pretexto para analizar o comportamento ecolóxico das principais empresas de telefonía móbil a partir da puntuación que lles outorgou Greenpeace e serve tamén para mostrar a realidade que se acocha detrás dun teléfono móbil, como é o caso do conflito na República Democrática do Congo, principal...
Quiero saber más
Este Global Express aborda, a partir do exemplo dos Xogos Olímpicos, cómo o modelo de negocio-espectáculo en que se converteron moitos deportes implica a miúdo situacións de inxustiza e analiza qué empresas son as principais patrocinadoras deste evento, para pasar a contrapor os valores do espírito olímpico ás condicións laborais en que son producidos o calzado e a roupa deportiva. A partir do exemplo de tres testemuños que traballan en fábricas que producen para o sector, coñeceremos o incumprimento sistemático dos dereitos laborais a que son sometidos os traballadores, principalmente mulleres, en países como Indonesia ou Marrocos. Finalmente, o material obriga a reflexionar sobre o noso papel como consumidores e...
Quiero saber más
Esta unidade ten como obxectivo que o alumnado experimente diferentes vías de xestión de conflitos para alcanzar conxuntamente solucións negociadas. Para iso, parte da premisa que non pode existir paz se non hai xustiza. Consta de tres partes diferenciadas que se poden traballar na súa totalidade ou de forma independente. En primeiro lugar, és analizada unha situación conflitiva hipotética, mais habitual e próxima do alumnado. Para iso, proponse un xogo de rol en que cada alumno ou alumna deberá asumir un papel dentro do conflito, e en que os diferentes personaxes implicados deberán chegar a un acordo por medio da negociación. En segundo termo, proponse analizar as causas dun conflito...
Quiero saber más