Castelán

A través da comprensión do texto e da reflexión, o obxectivo desta actividade é mostrar que hai accións que a cidadanía global pode levar a cabo para transformar a realidade e facer xustiza. O texto permite recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos así como a forza da cidadanía global. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo adquirir unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos a quen se lle propón seren xornalistas dunha ONG e investigar un tema actual relacionado coa auga e o mundo. Para iso, son propostos catro temas: auga, nenos e saúde; o grande encoro de Narmada e a loita de Arundhati Roy; a auga nos conflitos armados e coidar a auga é posíbel. Para acabar a actividade, cada grupo deberá facer unha presentación ao resto da aula e cada alumno e alumna redactará un artigo xornalístico sobre a súa investigación.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo analizar unha situación concreta relacionada co dereito á auga e á propiedade, e mostrar accións cidadés que procuran a xustiza social. A actividade comeza coa lectura dun artigo para contextualizar o tema. Proponse despois un xogo de rol en grupos sobre un caso real ocorrido en Cochabamba. Finalizado o xogo, entrarase a analizar o que ocorreu na realidade en Bolivia e cál foi a actitude dos principais axentes implicados no conflito pola auga. Desta forma, preténdese que o alumnado adquira unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo reflexionar e analizar o uso da auga no caso concreto do turismo na conca mediterránea, mostrando as desigualdades que se xeran. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos que propoñen unha viaxe a Marrocos. A través da procura na Internet, cada grupo deberá deseñar un plano de viaxe. Unha vez realizado o plano, será calculado o consumo de auga que cada modelo turístico xerará. O obxectivo desta actividade é reflexionar sobre os modelos de consumo turístico que poden ser máis xustos e sustentíbeis. A continuación, analizarase a dispoñibilidade de auga doce no mundo e reflexionarase sobre o dereito á auga como requisito previo para...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un manifesto cun decálogo de boas prácticas. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e boa utilización da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión, como peche das actividades “Noaga, a auga e nós” e “Xoguemos coa auga”. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa.
Quiero saber más
Este material traballa a distribución e a dispoñibilidade de auga no mundo. Para iso, proponse a realización dun experimento na aula que servirá para tomar conciencia da distribución da auga á escala mundial. A continuación, traballarase o consumo da auga, por continentes e por sectores e proporase o cálculo persoal sobre o consumo de auga para favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más
Esta actividade traballa o tema da auga a partir da vida e a acción da Premio Nobel da Paz Wangari Maathai. En primeiro lugar, propón ao alumnado xogar a ser investigadores, a través do uso das novas tecnoloxías, para chegar a descubrir quén foi esta Premio Nobel da Paz e por qué lle foi concedido este galardón. Finalmente, proponse, en pequenos grupos, a realización dun póster informativo e a redacción individual dunha carta explicando todo o aprendido sobre Wangari Maathai e a súa loita por defender o medio ambiente, a democracia, os dereitos humanos, e os dereitos das mulleres en particular.
Quiero saber más
Este material reflexiona sobre cómo é o acceso á auga e a súa calidade nas diferentes partes do mundo. Comeza coa análise dun mapa que mostra a distribución da auga doce no mundo. A continuación, formúlase unha actividade para tomar conciencia sobre o consumo de auga en diferentes países e sobre as consecuencias que o noso consumo ten á escala mundial. Con estas actividades, o material pretende dar a coñecer as causas da escaseza de auga e reflexionar sobre as secas. Igualmente, quérese favorecer a aplicación de accións e condutas para un uso sustentíbel deste recurso e valores de corresponsabilidade.
Quiero saber más