Castelán

Esta actividade proponse a partir dun cuestionario e a posterior lectura de recortes de prensa. Ambas as propostas van permitirnos reflexionar sobre sistemas alternativos de troco en que non intervén o diñeiro. O cuestionario introduce de forma xeral conceptos como o valor do diñeiro, a súa utilidade e a súa necesidade. Posteriormente, proponse un debate para debater en grupo os temas tratados. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Nesta actividade son analizadas noticias da prensa para mostrar a realidade que se agocha tras as propostas de condonación da dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED). O seu obxectivo é pór de manifesto que a condonación da dúbeda é un tema de vontade política. A actividade ten unha duración prevista dunha hora, na que se traballarán conceptos chave de economía como condonación da dúbeda, dúbeda multilateral, Planos de Axuste Estrutural, etc.
Quiero saber más
Esta actividade consiste nun xogo de rol e nun debate sobre a condonación da dúbeda dos Países En Desenvolvemento (PED). O obxectivo é fomentar unha reflexión a fondo sobre a xustiza e a necesidade da anulación da dúbeda externa dos PED e pór en evidencia que a condonación da dúbeda é un tema de vontade política. Para iso, son fornecidos números que demostran a viabilidade económica de referida cancelación.  A dinámica consiste en dividir o grupo en dous subgrupos, un a favor da cancelación e o outro en contra. Ao finalizar o debate, contaranse os participantes que “muden a súa opinión” con relación á pregunta do inicio tras ter ouvido...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é coñecer cómo evolucionou a dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED), analizar as causas que a xeraron e cómo son os mecanismos que provocan o seu aumento. Para iso, será lidos e analizados o texto e os cómics sobre a orixe e as consecuencias da dúbeda externa, e serán comentadas oralmente e por escrito as repercusións que a dúbeda externa ten para os PED. A duración desta actividade está prevista en días horas.
Quiero saber más
A partir da táboa do índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e cun mapa dos Países Pobres Altamente Endebedados (PPAE), proponse deducir a relación entre a pobreza e o nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, serán observados e analizados os datos do IDH en grupos de 3 ou 4 persoas. Despois, situaranse no planisferio os 42 PPAE e serán postos en relación coa información anterior. Finalmente, serán redactadas as conclusións en pequenos grupos e serán postas en común. A duración aproximada desta actividade é dunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura de textos, proponse deducir a relación entre os países empobrecidos e o seu nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, preséntase o tema da dúbeda externa desde a proximidade do endebedamento familiar para, despois, introducir o tema desde unha perspectiva global. Esta actividade permite traballar conceptos chave na economía como dúbeda externa, servizo da dúbeda, etc. e achegármonos á realidade do comercio internacional e ás principais institucións financeiras internacionais. A súa duración é de dúas horas.
Quiero saber más
Esta actividade analiza a orixe e o funcionamento das institucións financeiras internacionais: o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM) e a Organización Mundial do Comercio (OMC). O seu obxectivo é comprender a súa responsabilidade na actual situación económica internacional. Trabállase a partir da lectura duns textos e da observación duns gráficos e respóndese despois unha serie de cuestións formuladas. A actividade córrase cunha reflexión común sobre o papel dos organismos internacionais e coa presentación de propostas para a súa transformación. A súa duración é estimada nunha hora.
Quiero saber más
Tr�tase dun xogo de simulaci�n que permite entender as complicadas relaci�ns comerciais a nivel internacional, ao mesmo tempo que mostra alg�ns dos mecanismos econ�micos polos cales nos rexemos. O obxectivo � identificar, a trav�s do xogo, c�mo o actual sistema de comercio internacional xera m�is pobreza para unha boa parte da poboaci�n mundial, as� como un aumento da s�a inseguridade alimentaria. Esta actividade perm�tenos, tam�n, traballar o vocabulario econ�mico b�sico: custos de produci�n, prezos, mercado, d�beda, dumping, etc.  Recom�ndase dedicar a esta actividade tres sesi�ns dunha hora: unha para o xogo en si, outra para a an�lise deste e unha terceira para establecer o paralelismo coa realidade.
Quiero saber más
A través dun xogo de simulación, preténdese comprender as regras que rexen o comercio internacional, as consecuencias que ten ese funcionamento sobre os países e, neste contexto, cómo funciona a resolución negociada de conflitos. Para iso, divídese o grupo en dúas partes, cada unha das cales representa un país cuns intereses determinados. A partir de aquí, comeza o xogo que consiste na simulación dunha rolda de negociación.  Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión de dúas horas.
Quiero saber más
A través da comprensión do texto e da reflexión, o obxectivo desta actividade é mostrar que hai accións que a cidadanía global pode levar a cabo para transformar a realidade e facer xustiza. O texto permite recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos así como a forza da cidadanía global. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más