Castelán

A partir da lectura dunha banda deseñada preténdese buscar paralelismos con situacións da vida cotiá e identificar os diferentes elementos da historia con entidades ou personaxes presentes na nosa realidade. Coa lectura do texto da ra e o cuestionario posterior poden ser introducidos os termos de obxectividade, influencia do ambiente... Proponse acabar a actividade cunha conclusión común sobre o que transmitiu o texto. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura e da audición de Canción do Nadal, de Silvio Rodríguez, quérese inducir á reflexión sobre o consumismo, o pensamento único e a solidariedade. Proponse nun primeiro momento escoitar a canción como unha primeira toma de contacto. Despois, distribúese a letra xunto cun cuestionario e, finalmente, debátese sobre as posíbeis interpretacións que xurdisen, para acordar conxuntamente a mensaxe da canción. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
A través da lectura dun cómic, introdúcense os conceptos de participación social e campañas de sensibilización, e a súa utilidade para provocar mudanzas. O cómic simula unha conversa cotiá nun bar en torno dunha noticia que emite a televisión referente á situación de seca en que se encontra Etiopía. A partir desta noticia dáse a coñecer que Nestlé está a reclamar 6 millóns de dólares ao goberno etíope. Ao presentar está situación xérase un debate no bar que pretende ser unha introdución á reflexión que se debe dar no grupo. Tras a lectura individual do cómic, abrirase a reflexión sobre as preguntas lanzadas e da utilidade das campañas de mobilización. A súa duración está...
Quiero saber más
A partir da lectura e análise dun texto e de imaxes sobre o estalido social na Arxentina, preséntase a complexidade das causas da crise económica no país e móstrase este caso como exemplo dunha situación socioeconómica que fixo do troco unha forma de supervivencia para millóns de arxentinos e arxentinas. Tras a lectura do texto e a resposta das preguntas formuladas, proponse unha posta en común que axude a situar o tema. A súa duración está prevista nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
A través dun estudo de caso, analázase un exemplo de comercio inxusto como é o dumping do arroz no Haití por parte dos Estados Unidos. Desta forma, ponse de manifesto a relación entre as regras do comercio coa suficiencia alimentaria dun país do Sur. Para iso, proponse a lectura e análise dunha ficha informativa sobre este caso. A actividade preséntase en dúas sesións dunha hora cada unha.
Quiero saber más
A partir da lectura e do comentario de textos económicos, introdúcese o tema do comercio internacional e as súas regras. O obxectivo principal é analizar o actual discurso sobre a liberalización do comercio e os seus supostos beneficios e oportunidades. Igualmente, quérese manifestar o desigual acceso aos mercados por parte dos países do Sur ou do Norte. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo reflexionar sobre as condicións laborais noutros países e sensibilizar fronte ás inxustizas do comercio internacional. Mediante a representación dunha obra, preténdese que o público tome parte nela e decida o seu desenvolvemento. A obra de teatro céntrase na temática dos dereitos laborais, aínda que isto non exclúe outros temas como a igualdade de xénero ou a inmigración e as súas consecuencias. Recoméndase destinar unha hora á preparación da actividade, 45 minutos para a posta en escena e media hora final de debate.
Quiero saber más
Mediante a lectura duns casos reais, preténdese introducir o comercio xusto como unha alternativa ao comercio convencional. Igualmente, quérese potenciar o consumo responsíbel e fomentar a participación dentro do sistema de comercio. Tras a lectura dos estudos de caso, reflexiónase sobre as vantaxes e inconvenientes deste tipo de comercio e lánzase a proposta de realizar unha acción de presión, a través da redacción e do envío de cartas a tendas e supermercados próximos, nas que se propoña ou reclame a venda de produtos de comercio xusto. Esta proposta está formulada para ter unha duración dunha hora.  
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é analizar os hábitos de consumo e establecer as necesidades básicas. Para iso, proponse facer un cálculo do gasto mensual de casa nunha táboa e reflexionar sobre as necesidades que cubrimos con el. Deste xeito, son traballados conceptos como o consumo responsíbel ou o consumismo. Esta proposta está formulada para ter unha duración dunha hora.
Quiero saber más
Esta actividade propón a realización dunha feira solidaria no barrio, centro escolar, centro cívico... co obxectivo de sensibilizar as persoas sobre as inxustizas que ocorren no comercio internacional e colaborar cos principais afectados. A proposta concrétase nunha mostra de actividades, traballos manuais, etc., realizadas por entidades solidarias. Desta forma, poden descubrirse alternativas ao comercio internacional, como o comercio xusto, o troco... A duración da feira variará dependendo dos actos que se programen, como mínimo unha mañá ou unha tarde.
Quiero saber más