Castelán

A integración social é un proceso que se realiza desde distintos ámbitos e no que participan moitos axentes. Por “estar integrado” entendemos a participación activa na vida social, económica, cultural e política dunha sociedade, o exercicio dos dereitos e o acceso aos bens e servizos básicos. No ámbito do Máster en Migracións Internacionais da Universidade Pontificia Comillas, Gema Redondo Mazarrón realiza unha investigación sobre os procesos de incorporación e integración de alumnado de orixe inmigrante a centros de ensino da cidade de Madrid. Esta investigación céntrase en analizar as causas de por qué cando os procesos de integración levan o apelido “intercultural” e están asociados ao fenómeno das migracións de...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más
O obxectivo desta experiencia era conseguir a redución das expulsións do alumnado e evitar o abandono escolar, ofrecéndolles unha alternativa que os axudase a mellorar o seu comportamento, realizando diversas aprendizaxes mediante o traballo na horta escolar do I.E.S. Huerta Alta de Alhaurín de la Torre. Esta experiencia desenvolveuse nun instituto de Secundaria en que se levou a cabo un proxecto de horta escolar como alternativa á expulsión do alumnado en que se implicou toda a comunidade educativa. Ao nivel metodolóxico, trátase dun proxecto de investigación-acción, e as tarefas contan cun proceso de planificación, intervención e reflexión. Trátase dunha metodoloxía activa, participativa, cooperativa, lúdica, motivadora e integradora.
Quiero saber más
Os Programas de Aulas Hospitalarias e Atención Educativa en Domicilio son medidas de compensación educativa para dar respostas ás necesidades específicas do alumnado que, por motivo de doenza, debe permanecer hospitalizado ou convalecente no seu domicilio. O obxectivo fundamental destes programas é promover o desenvolvemento integral do alumnado e facilitar a súa reincorporación á escola unha vez recibida a alta médica, así como evitar que o proceso escolar se interrompa por causa da referida doenza. Esta práctica é innovadora porque se desenvolve fóra do ámbito escolar, sendo levada a cabo tanto no hospital como nos domicilios dos/as alumnos/as.
Quiero saber más
Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
Esta experiencia relata o traballo de titoría realizado no Colexio Cristo de la Yedra J-M (Granada), cuxo obxectivo é potenciar no grupo-aula os valores e a riqueza da igualdade e das diferenzas ao longo dun curso escolar. Este traballo, realizado nunha aula de 1.º de Educación Primaria, é parte do traballo e celebracón xeral do centro educativo, xa que neste curso se conmemoraban os 25 anos traballando desde o prisma dunha escola inclusiva e diversa. O Colexio Cristo de la Yedra J-M conta entre o seu alumnado cun importante número de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais (NEE) e integración social, caracterizándose por vivir as diferenzas con gran normalidade...
Quiero saber más
Esta experiencia relata as sesións que se realizan un domingo por mes no Museo da Paz de Gernika, cuxo obxectivo é fomentar os xogos cooperativos entre nenos e nenas de 12 anos, e tamén entre os adultos que se animan a participar. Trátase dunha práctica que promove valores de cooperación, colaboración, axuda mutua, aprender a traballar en grupo, etc., valores, en moitos casos, subestimados nun mundo tan competitivo como o actual, por medio dos xogos. as actividades son realizadas no obradoiro didáctico, una sala ampla e luminosa. Non se utilizan mesas nin cadeiras, senón que os e as participantes sentan ou tómbanse no chan con almofadas.
Quiero saber más
A partir do traballo realizado de forma telemática durante a edición 2011-12 do Conectando mundos (CM), e a partir das conclusións elaboradas conxuntamente no encontro territorial, preparamos na aula o acto de incidencia cunha deputada do Parlamento catalán, acción coa que concluíu en Cataluña a edición 11-12 do CM. O acto consistía nun diálogo aberto a partir das conclusións conxuntas alcanzadas, da lectura do manifesto final e das preguntas que formulase o alumnado. Participamos os dous grupos de 2.º da ESO da escola, nas horas de titoría, e aínda que na preparación e deseño do diálogo participamos toda a aula (29 alumnos e alumnas por grupo), o diálogo coa deputada...
Quiero saber más
"Ser, estimar,saber" (“Ser, amar, saber”) é un proxecto global de centro en que se propugna unha filosofía baseada na educación en valores, o traballo autónomo, cooperativo (por proxectos), integral, e con tratamento da diversidade en grupos heteroxéneos... e en que se quere implicar a toda a comunidade educativa. Do obxectivo de que o alumnado aprenda todo o que poida do que determina o currículo oficial, en grupos heteroxéneos, derívanse tres principios: Non hai niveis mínimos esixíbeis na educación obrigatoria A educación debe ser integral: toda a persoa, todo o currículo Os grupos deben ser heteroxéneos O centro funciona desde o curso 2008-2009 e conta cuns 280 alumnos. Esta experiencia compleméntase cunha...
Quiero saber más