Máis vello de 16 anos

Esta actividade pon ao descuberto a relación existente entre o comercio de armas e os conflitos armados. A través da análise de dous mapas mundiais, ofrécese información diversa sobre conflitos armados e compra e venda de armas. O traballo consiste en localizar no mapa os países expostos nas listas. A metade do grupo dispón de información sobre quen son os principais beneficiarios do comercio de armas e a quen venden a súa mercadoría, e a outra metade traballa cunha lista cos principais países en conflito na actualidade. Unha vez realizado este traballo, trátase de completar a información recibida combinando persoas de grupos diferentes. Ao contrastar a información dos dous grupos, ponse...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo coñecer as consecuencias dos conflitos armados sobre o desenvolvemento dos países do Sur. Para iso, danse a analizar algúns datos do índice de Desenvolvemento Humano, como a esperanza de vida, as taxas de alfabetización e escolarización, o PIB per cápita, etc. A partir da análise destes datos e da lectura doutros textos, proponse elaborar un comentario escrito dunhas 15 liñas sobre as consecuencias dos conflitos armados no desenvolvemento dos países do Sur, centrándose en tres casos de países da África. Esta actividade está prevista para unha sesión dunha hora.
Quiero saber más
A través dunhas fotografías e o comentario de textos son analizados os efectos das guerras nas persoas, especialmente nos nenos e nenas. A actividade esá prevista en dúas sesións dunha hora de duración cada unha. Na primeira, trabállase sobre unhas fotografías extraídas do libro Vidas minadas, cinco anos despois, de Gervasio Sánchez, e na segunda analízanse dous artigos xornalísticos que mostran outros efectos das guerras na infancia, como son o recrutamento de nenos soldados, os orfos que fican despois do conflito, as encarceramentos... Proponse como conclusión da actividade unha posta en común de toda a información tratada e un debate sobre as sensacións que xerou no grupo.
Quiero saber más
Esta actividade pretende tomar conciencia sobre as consecuencias que os conflitos armados teñen sobre a poboación civil. Para iso, lerán testemuños dalgúns conflitos e recolleranse, a partir da realización de entrevistas, testemuños de persoas maiores sobre as súas vivencias durante a Guerra Civil Española. O obxectivo principal é recoñecer as vítimas civés como o branco principal dos actuais conflitos armados e analizar as consecuencias que todo conflito ten sobre a poboación civil. Esta proposta está formulada para ser traballada en dúas sesións dunha hora de duración máis a entrevista.
Quiero saber más
Esta actividad forma parte de la carpeta de recursos Muévete. Armas bajo Control, incluida en la maleta pedagógica Armas bajo Control, que ofrece también otros materiales y actividades relacionados con el tema.
Quiero saber más
Esta actividade propón facer unha subhasta na que se poxará para conseguir o maior número de frases correctas. O principal obxectivo é dar a coñecer certas informacións, que poden ser sorprendentes, sobre o comercio, a posesión de armas e as súas consecuencias. Unha vez terminada a subhasta, e a través da lectura do cómic Tráfico de armas, de El Jueves, se irá desvelando a veracidade ou falsidade das oracións. Proponse como dinámica o traballo en grupos de 3 ou 4 persoas que deberín decidir conxuntamente por que frases poxa. Finalmente, e tras a lectura do cómic, proponse reflexionar sobre as afirmacións e o porque dos erros e acertos que se teñan cometido. A duración aproximada...
Quiero saber más
Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental. O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo analizar o papel dos medios de comunicación na transmisión da cultura da violencia e da cultura do medo. A partir da canción Where is the love?, do CD Elephunk do grupo Black Eyed Peas, propón reflexionar sobre o papel e a responsabilidade que temos como consumidores na normalización da violencia cultural nos medios de comunicación. Proponse como dinámica ouvir a canción, xunto coa letra, e responder a un cuestionario que abra a porta ao debate en grupo. A canción pode ser traballada tanto na súa versión orixinal en inglés, como coa tradución. e a duración aproximada da actividade é dunha sesión dunha hora, se se traballar coa tradución da letra,...
Quiero saber más
Esta actividade propón a visualización e comentario do filme Bowling for Columbine, do director norteamericano Michael Moore. A través deste filme, serán analizadas as causas do uso das armas e da cultura da violencia. O documental apunta os posíbeis factores que fan aflorar actitudes que potencian o uso da violencia directa, como o sentimento de propiedade, a procura de seguridade, o sentimento de superioridade... Proponse como dinámica, antes de proceder a ver o filme, distribuír follas en branco a cada persoa do grupo para que anote tres motivos que respondan á pregunta “por que as persoas se arman?”. Ao finalizar o filme, faise unha posta en común coas respostas e cúbrese un...
Quiero saber más
Trátase dunha gimcana que permite identificar as consecuencias que calquera conflito armado ten para a poboación civil e especificamente céntrase no éxodo a que millóns de persoas se ven obrigadas cando unha guerra comeza. Igualmente, introduce conceptos como persoas refuxiadas e persoas desprazadas. Pola súa dinámica, pretende facer descubrir o traballo en equipo como método en que cada membro fornece diferentes habilidades e/ou capacidades e que permite gozar da satisfacción que proporciona vencer as dificultades de forma colectiva. Proponse unha temporización en dúas sesións, unha primeira para a realización da gimcana e unha segunda para a reflexión en grupo. A dinámica está pensada para un grupo-aula que permita crear 8...
Quiero saber más