Despois de máis de dez cursos levando a cabo o Conectando mundos no noso centro educativo (desde 2006-2007), neste ano quixemos profundar na metodoloxía educativa transformadora dos grupos cooperativos.Todo comezou a partir do curso de formación sobre grupos cooperativos “Aprender entre iguais”, organizado polo GRAEI da Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), ao cal asistiron os tres membros do Departamento de Ciencias Sociais do Col·legi Jesús-Maria, autores desta experiencia de traballo cooperativo.Esta innovación reforzou máis os aspectos da Educación para unha Cidadanía Global, xa que proporcionou máis coherencia metodolóxica ao proxecto Conectando mundos e à posterior incorporación nas materias do Departamento de Ciencias Sociais do Col·legi Jesús-Maria, como algo frecuente, habitual e normal nelas.
Quiero saber más
Este é un proxecto iniciado na aula de Traballo Globalizado de 3.º da ESO, aula dirixida a oito alumnos seleccionados para poder aproximalos dos contidos desde unha perspectiva global, xa que desde os diferentes departamentos se cre que esta metodoloxía será útil para motivalos academicamente e axudalos a conseguir as diferentes aprendizaxes, adecuándoas ás súas características e diversidade, tendo en conta as intelixencias múltiplas e a pedagoxía sistémica. A actividade xorde a partir do estudo da estatística, contido de Matemática, e a partir da reflexión sobre de que modo podemos aplicar este coñecemento na vida real. O Departamento de Lingua Catalá quería celebrar o Día das Linguas Maternas e os...
Quiero saber más
Proxecto de aprendizaxe-servizo no horto comunitario do barrio. Do 24 de xaneiro até o 28 de marzo de 2017, os alumnos aprenderon nocións de sementeira, preparación de sementeiros, tipos de hortalizas, asociación de cultivos, calendario do horto, compostaxe, etc., grazas a algúns veciños usuarios, que se organizaron para atender os alumnos. Pola súa vez, os mozos axudáronos nos labores habituais do horto. Os 18 alumnos participantes no proxecto traballaron xuntos, en grupos de catro, cada grupo a cargo dun veciño. En cada sesión, un alumno encargouse de redactar a crónica do día e tirar fotografías para o blog. O proxecto vinculou contidos ambientais (importancia da agricultura urbana, a diversidade de...
Quiero saber más
Esta experiencia comeza a súa andadura no noso centro, como Proxecto de Interculturalidade, no curso 2009-2010. Xurdiu como resposta a unha necesidade: a incorporación de alumnado procedente doutros países nun importante número, particularmente da América Latina, co que o facían co curso comezado. É certo que a crise económica devolveu bastantes destas familias aos seus lugares de orixe, mais o selo de diversidade que impregna hoxe o noso barrio é moi visíbel no centro. En este curso, volvemos experimentar esta chegada por sorpresa de alumnos –“incorporación serodia”, chámaa a Administración–, e isto fixo que dirixísemos a ollada para o Proxecto de Interculturalidade, moito máis rico que o simple e administrativo...
Quiero saber más
Un conxunto de actividades xeradas a raíz da edición deste curso de Conectando mundos, que fixeron que un eixo fundamental de traballo no centro fose o problema das migracións e dos refuxiados. Partindo dun traballo interdisciplinario de “Dereitos sen fronteiras”, foron realizadas unhas Xornadas sobre Inmigración e Refuxiados con obradoiros, cinefórum, conferencias en que participaron unha boa parte do alumnado do centro, a participación de representantes no Encontro de Estudantes de Conectando mundos de Andalucía en Tarifa e na Acción global, para terminar coa visita das xornadas de portas abertas dun centro de acollida de CEAR en Sevilla, pasando polo envío de produtos de primeira necesidade aos campamentos de refuxiados...
Quiero saber más
O Club da Convivencia nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde unha abordaxe non disciplinaria nin reactiva, senón participativa e proactiva. Para iso, partimos do proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que elaboramos na Rede de Madrid (“O Club da Insubmisión”) e emprendemos unha reforma do noso Plan de convivencia guiada igualmente por un proxecto de ApS que consistía na creación de catro clubs de alumn@s axudantes para traballar a acollida, a integración, a igualdade e a prevención do acoso, o ciberacoso e a violencia de xénero
Quiero saber más
A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global está formada por un colectivo diverso de educadores e educadoras de todo o territorio español que apostamos por unha escola comprometida coa construción dunha cidadanía global responsábel coa humanidade e co planeta. Con este obxectivo, encontrámonos, formámonos, investigamos e creamos en rede para conseguir que as nosas propostas se incorporen nas crenzas, actitudes e políticas das persoas e institucións envolvidas. Este documento recolle a memoria dos 10 primeiros anos da Rede, que foi presentada no VII Seminario da Rede, que tivo lugar nos días 7, 8 e 9 de xullo en Los Negrales, Madrid. Nesta memoria, inclúese un breve resumo...
Quiero saber más
Na presente Tese de Doutoramento, son analizadas as principais causas e consecuencias que conduciron á actual crise sistémica, considerando novos modelos sustentábeis de desenvolvemento económico fundamentados nunha relación diferente entre mercados e institucións, na complementariedade da esfera local e global das relacións económicas, sociais e políticas, e na posibilidade de contar cun sistema educativo que facilite a construción dunha cidadanía global. Con este obxectivo, contémplanse tres niveis de interpretación estreitamente vinculados entre si: a análise da política económica dominante nos seus aspectos cuantitativos e cualitativos; a evolución da visión cultural neoliberal e a consideración do paradigma cultural e do senso común que, afectando a opinión pública, contribuíu para o desenvolvemento...
Quiero saber más
O VI Seminario “Educar para unha cidadanía global” reuniu, do 3 ao 5 de xullo, 113 educadores e educadoras para reflexionaren, debateren e trocaren puntos de vista sobre o papel do docente como axente de transformación social. A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (Rede EyECG) é consciente dos desafíos formulados polo actual contexto político, económico e social, así como da importancia de abrir os debates a outros actores de obxectivos confluentes, tanto para depurar e contrastar visións, como para establecer sinerxías. Por iso, no seminario participaron outros colectivos, como Alboan, Entreculturas e Intered, que, xunto con Oxfam Intermón, impulsan o Movemento pola educación transformadora e pola cidadanía global,...
Quiero saber más
Este artigo dunha profesora de Secundaria do centro IES Faro de Maspalomas de Gran Canaria permítenos aproximarnos da experiencia que representa participar na proposta educativa Conectando mundos de Oxfam Intermón, en que participan desde hai xa trece anos millares de mozas e mozos de 12 a 16 anos de todo o mundo. Detrás dunha planeamento simple, estruturada a través dunha plataforma dixital multilingüe, proponse un proceso de traballo interdisciplinar e aplicacións metodolóxicas que favorecen o traballo autónomo, creativo e significativo para traballar distintas competencias, contidos, valores e actitudes importantes para a construción dunha cidadanía global. Unha viaxe educativa que fortalece vínculos entre alumnado e docentes, reivindica o valor das diferenzas, desenvolve a...
Quiero saber más