8 a 10 anos

Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo e pretende potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. A primeira actividade consiste en desenmascarar os estereotipos que transmiten os contos tradicionais. A continuación, proponse reflexionar a partir do máis próximo, como é a distribución de tarefas na casa, as profesións do noso contorno ou as dinámicas de xogo na escola. A través dunha actividade de interpretación de imaxes, o alumnado é introducido nun contexto méis lonxincuo onde tamén aparece a desigualdade de oportunidades por razón de xénero. A modo de síntese, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente un manifesto reclamando solucións é desigualdade de...
Quiero saber más
A partir das inxustizas que se producen na aula, este material ofrece abordar o concepto de xustiza. Para iso, proponse un xogo en que dous equipos deberán construír e decorar cantos máis vasos mellor. Mais o punto de partida e o material co que contarán ambos os equipos serán profundamente desiguais. A partir desta experiencia, verifícase un achegamento a diferentes realidades, como a de Juan, un pequeno produtor mexicano de café. A través do seu testemuño, preténdese que o alumnado tome conciencia das desigualdades e inxustizas que se producen no comercio internacional e de cáles son as necesidades básicas para vivir con dignidade. Finalmente, propón fomentar a participación en accións...
Quiero saber más
Este monográfico céntrase na alimentación, a saúde e a educación como necesidades básicas a que millóns de persoas no mundo non teñen acceso. A actividade propón un achegamento aos artigos da Carta dos Dereitos Humanos que sitúan a alimentación, a saúde e a educación como dereitos básicos, ao mesmo tempo que ofrece unha simulación dunha sesión de chat con diferentes nenos e nenas do mundo que acercan ao alumnado a realidade de países como a India e o Perú, onde estes dereitos son vulnerados constantemente. A proposta tamén achega o traballo dalgúns actores como as Nacións Unidas ou as Organizacións Non Gobernamentais para o Desenvolvemento que loitan para conseguir o...
Quiero saber más