8 a 10 anos

Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Nesta etapa, o patio de xogos da escola tórnase en protagonista, un lugar en que compartir espazos para dar cabida à diversidade. A través das historias que acontecen nun patio de escola, son...
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más
Esta experiencia parte do conto “O príncipe feliz” para reflexionar sobre os estereotipos e a necesidade de abrir as olladas e a nosa empatía perante as situacións de inxustiza social. A partir do traballo previo á asistencia á obra de teatro, e da lectura dunha adaptación do conto “O príncipe feliz”, reflexionouse co alumnado sobre a mensaxe da historia e o paralelismo coa realidade na aula e na sociedade. Deste debate xurdiron distintos tipos de muros que separan a persoas e a sociedade (muros persoais, muros sociais, muros estruturais). Estas conclusións serviron para profundar posteriormente no tema dos fluxos migratorios: as causas económicas e as situacións “de inxustiza” que viven...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
O feito de dar valor á AVALIACIÓN, entendida como o acto de escoitar o alumnado, e á aplicación dos seus resultados á práctica educativa, mobilizounos para, entre todos, iniciar unha busca en constante evolución da COMPETENCIA PERSOAL. “Non somos facedores senón buscadores de boas prácticas” “Os nosos verbos conxúganse en xerundio ao ser un proceso posto en marcha” Pretendemos reaxustar a abordaxe “Profesor ensina, Alumno aprende” tratando que o alumnado sexa autor e protagonista da súa aprendizaxe, sendo o papel do profesorado o de facilitador e provocador de conflitos. Diríxese á totalidade do noso alumnado e o significativo é a total implicación de 100% do profesorado e unha cada vez...
Quiero saber más
Encadrado no Proxecto Escola Espazo de Paz, foi creado un Horto Escolar organizando a participación do alumnado do centro, tutelado polo alumnado de 6.º de Educación Primaria e implicando todos os niveis de 1.º a 5.º a través de Equipos de Aprendizaxe Cooperativa “O Noso Horto Cooperativo”. O obxectivo xeral do proxecto é o de favorecer o traballo globalizado e o desenvolvemento integral do alumnado, promovendo o traballo “de campo”, o uso de coñecementos, procedementos e actitudes para o desenvolvemento de competencias básicas para a vida. Esta práctica coexistiu no tempo co desenvolvemento da actividade de Conectando Mundos (Proposta Pedagóxica de Oxfam Intermón), onde abordábamos a temática de xustiza alimentaria e...
Quiero saber más
Con esta publicación, o autor achéganos ao traballo cotiá da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (ECG) en Málaga. Nela, desenvólvese o proxecto de autoformación e sistematización de experiencias educativas durante o período 2010 – 2012. Este consta de tres partes: 1) Fundamentos da educación para a cidadanía global e o docente como axente de mudanza; 2) Presentación da rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, o modelo organizativo e a súa concreción no ámbito territorial; 3) Presentación das docentes que forman o grupo de Málaga, a súa organización, forma de traballo e impacto no ámbito educativo. Isto é, tórnase visíbel o quefacer diario das...
Quiero saber más
A escola é o primeiro punto de contacto coa nova realidade para moitas crianzas inmigrantes. A chegada dos novos alumnos e alumnas ao centro escolar implica unha serie de desafíos: para as crianzas, xa que teñen que integrarse no menor tempo posíbel, e para o centro escolar, que deberá ser capaz de ofrecer unha resposta ás novas esixencias. A escola é o lugar en que se deben quebrar os estereotipos, para pasar a ver a diversidade como unha fonte de enriquecemento. Esta experiencia presenta o Programa de Interculturalidade do Colexio Gamo Diana, cuxos obxectivos son: integrar o alumnado inmigrante e favorecer a súa adaptación, atinxir a implicación do grupo no...
Quiero saber más
Moitas veces, o profesorado pensamos que somos os que temos que resolver todos os conflitos que se dan nas nosas aulas. É moi importante tomar en serio os conflitos que vivimos día a día e non solucionalos de calquera forma co fin de poder continuar a impartir a nosa materia. Esta experiencia presenta unha metodoloxía mediante a cal os alumnos e alumnas aprenden a reflexionar sobre un problema concreto, a entender outros puntos de vista e a mediar ata encontrar unha solución xusta e pactada. Ponse en práctica cando hai algún conflito e pode facerse entre alumnos, entre alumnado e profesorado, entre alumnos e pais ou entre o profesorado.
Quiero saber más
O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario. Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo...
Quiero saber más