12 a 14 anos

Un conxunto de actividades xeradas a raíz da edición deste curso de Conectando mundos, que fixeron que un eixo fundamental de traballo no centro fose o problema das migracións e dos refuxiados. Partindo dun traballo interdisciplinario de “Dereitos sen fronteiras”, foron realizadas unhas Xornadas sobre Inmigración e Refuxiados con obradoiros, cinefórum, conferencias en que participaron unha boa parte do alumnado do centro, a participación de representantes no Encontro de Estudantes de Conectando mundos de Andalucía en Tarifa e na Acción global, para terminar coa visita das xornadas de portas abertas dun centro de acollida de CEAR en Sevilla, pasando polo envío de produtos de primeira necesidade aos campamentos de refuxiados...
Quiero saber más
O Club da Convivencia nace como resposta a unha necesidade: a mellora da convivencia escolar desde unha abordaxe non disciplinaria nin reactiva, senón participativa e proactiva. Para iso, partimos do proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS) que elaboramos na Rede de Madrid (“O Club da Insubmisión”) e emprendemos unha reforma do noso Plan de convivencia guiada igualmente por un proxecto de ApS que consistía na creación de catro clubs de alumn@s axudantes para traballar a acollida, a integración, a igualdade e a prevención do acoso, o ciberacoso e a violencia de xénero
Quiero saber más
Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos. Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para...
Quiero saber más
Co obxectivo de coñecer a orixe do que compramos, esta actividade propón a elaboración dun mapa en que se poña de manifesto a variedade de países implicados na produción dun artigo tan cotián como uns vaqueiros. Para reflexionar sobre as condicións en que se producen algúns dos artigos que consumimos e descubrir o papel que temos como consumidores dentro do proceso de produción. Esta actividade é proposta a partir da lectura do texto “A volta ao mundo” e da definición dalgunhas palabras chave como deslocalización, transnacional, etc. e está prevista para ser realizada nunha hora.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo abordar o actual sistema de comercio internacional, para mostrar as inxustizas que este xera. Para nos achegarmos ao tema, proponse nunha primeira sección reflexionar sobre o nivel de consumo propio, relacionándoo coa cobertura de necesidades e desexos, e tomando conciencia do papel que niso xoga a publicidade. A partir de aquí, identifícase o sentido actual do comercio como un medio de acumulación de riqueza, en vez de ser un mecanismo para cubrir necesidades. Despois, e a través dunhas viñetas, repasarase a historia do comercio desde as súas orixes. As seguintes actividades propoñen casos concretos e reais, centrados en torno do azucre e dos medicamentos, a...
Quiero saber más
O obxectivo desta edición de Global Express é recoñecer e identificar a gran diversidade de factores que fan que a seca produza unha fame negra. A través da análise de dúas imaxes, a primeira actividade pretende romper cos estereotipos mostrando as diferentes realidades que conviven nun mesmo país. A continuación, proponse ao alumnado buscar os datos principais sobre a Etiopía que permitan coñecer algúns aspectos xeográficos, sociais e económicos do país e contrastar a información obtida e a que nos chega a través dos medios de comunicación. A través da lectura de textos e testemuños, preténdese descubrir que a crise humanitaria que vive o país non é só consecuencia da...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflito armado. Preténdese, deste xeito, superar e deixar en evidencia a simplificación dalgúns medios de comunicación social. A partir da análise de fotografías, a primeira actividade pretende facer aflorar os sentimentos xerados polas imaxes e descubrir que quen máis sofre os conflitos armados é a poboación civil. O estudo do mapa do Irak actual e dos diferentes tratados e pactos mostra que o Irak é un país con fronteiras artificiais xurdido da colonización, cos problemas internos que implica o feito de que as referidas fronteiras non coincidan coas...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é coñecer e analizar criticamente algúns dos temas abordados e os resultados obtidos no Cumio da Terra 2002, celebrado en Johannesburgo. A observación da fotografía permite na primeira actividade introducir o tema do Cumio da Terra e investigar coñecementos previos sobre o tema (actores, obxectivos, etc.). A continuación, son abordadas as principais cuestións traballadas neste cumio a partir da identificación de datos concretos, obtidos da prensa, e a súa posterior análise e éntrase a fondo no concepto de desenvolvemento sustentíbel. A seguinte actividade pretende analizar, a partir da lectura duns textos, os acordos obtidos no Cumio da Terra e pon ao descuberto as reaccións que...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express convida a analizar a relación entre as consecuencias dunha catástrofe, como o Tsunami, e a pobreza, e permite reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre. A primeira actividade convida o alumnado a participar nunha chuvia de ideas para compartir a información que teñen sobre o desastre, a partir dalgunhas preguntas. A continuación, e a partir de lecturas sobre catro países imaxinarios, ábrese a reflexión sobre o xeito en que os medios inflúen na nosa imaxe e percepción do outro e dos países do Sur. Para esta actividade, proponse a división da aula en grupos que deberán resolver...
Quiero saber más
O obxectivo deste Global Express é identificar e entender a gran variedade de factores e actores que interveñen nunha crise socioeconómica como a que viviu a Arxentina no ano 2002. A partir da análise de imaxes, preténdese xerar a empatía do alumnado coa poboación arxentina, así como ver os conceptos previos que coñece sobre o tema. As seguintes actividades entran na análise do porque da crise, así como na identificación dos seus principais actores (a débeda externa, o Goberno e o seu “corralito", o FMI, etc.). A través de fotografías e titulares xornalísticos, analízase o estalido social xerado na Arxentina, coas famosas protestas con cazarolas. Por último, proponse ao alumnado...
Quiero saber más