12 a 14 anos

Este Global Express aborda, a partir do exemplo dos Xogos Olímpicos, cómo o modelo de negocio-espectáculo en que se converteron moitos deportes implica a miúdo situacións de inxustiza e analiza qué empresas son as principais patrocinadoras deste evento, para pasar a contrapor os valores do espírito olímpico ás condicións laborais en que son producidos o calzado e a roupa deportiva. A partir do exemplo de tres testemuños que traballan en fábricas que producen para o sector, coñeceremos o incumprimento sistemático dos dereitos laborais a que son sometidos os traballadores, principalmente mulleres, en países como Indonesia ou Marrocos. Finalmente, o material obriga a reflexionar sobre o noso papel como consumidores e...
Quiero saber más
Esta unidade ten como obxectivo reflexionar sobre as distintas vías de transformación e resolución dos conflitos e as consecuencias que estas teñen para as persoas. A partir dun xogo de rol sobre a historia de Yusuf, un mozo sudanés que viviu de cerca o conflito de Darfur (Sudán), a actividade pretende que os rapaces e raparigas reflexionen sobre o papel que xogan os diferentes axentes nun conflito como este. Finalizado o xogo, ábrese un espazo de debate para falar sobre este e outros conflitos. Esta actividade pretende dar pé a falar sobre algúns dos conflitos armados que teñen lugar no mundo e o papel que xogan os medios de comunicación...
Quiero saber más
O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias. A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir...
Quiero saber más
Este monográfico céntrase no tema dos dereitos humanos relacionados coa alimentación, a saúde e a educación para denunciar que unha gran parte da poboación mundial, especialmente a que vive nos países pobres, non ten cubertas estas necesidades básicas. As súas actividades están pensadas para identificar as desigualdades entre países ricos e países empobrecidos, e ofrecer accións para contribuír a eliminar a desigualdade. El traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Quiero saber más