Esta actividade proponse a partir dun cuestionario e a posterior lectura de recortes de prensa. Ambas as propostas van permitirnos reflexionar sobre sistemas alternativos de troco en que non intervén o diñeiro. O cuestionario introduce de forma xeral conceptos como o valor do diñeiro, a súa utilidade e a súa necesidade. Posteriormente, proponse un debate para debater en grupo os temas tratados. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
Nesta actividade son analizadas noticias da prensa para mostrar a realidade que se agocha tras as propostas de condonación da dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED). O seu obxectivo é pór de manifesto que a condonación da dúbeda é un tema de vontade política. A actividade ten unha duración prevista dunha hora, na que se traballarán conceptos chave de economía como condonación da dúbeda, dúbeda multilateral, Planos de Axuste Estrutural, etc.
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é coñecer cómo evolucionou a dúbeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED), analizar as causas que a xeraron e cómo son os mecanismos que provocan o seu aumento. Para iso, será lidos e analizados o texto e os cómics sobre a orixe e as consecuencias da dúbeda externa, e serán comentadas oralmente e por escrito as repercusións que a dúbeda externa ten para os PED. A duración desta actividade está prevista en días horas.
Quiero saber más
Tr�tase dun xogo de simulaci�n que permite entender as complicadas relaci�ns comerciais a nivel internacional, ao mesmo tempo que mostra alg�ns dos mecanismos econ�micos polos cales nos rexemos. O obxectivo � identificar, a trav�s do xogo, c�mo o actual sistema de comercio internacional xera m�is pobreza para unha boa parte da poboaci�n mundial, as� como un aumento da s�a inseguridade alimentaria. Esta actividade perm�tenos, tam�n, traballar o vocabulario econ�mico b�sico: custos de produci�n, prezos, mercado, d�beda, dumping, etc. Recom�ndase dedicar a esta actividade tres sesi�ns dunha hora: unha para o xogo en si, outra para a an�lise deste e unha terceira para establecer o paralelismo coa realidade.
Quiero saber más
A través da comprensión do texto e da reflexión, o obxectivo desta actividade é mostrar que hai accións que a cidadanía global pode levar a cabo para transformar a realidade e facer xustiza. O texto permite recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos así como a forza da cidadanía global. Esta actividade está prevista para ser realizada nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo adquirir unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos a quen se lle propón seren xornalistas dunha ONG e investigar un tema actual relacionado coa auga e o mundo. Para iso, son propostos catro temas: auga, nenos e saúde; o grande encoro de Narmada e a loita de Arundhati Roy; a auga nos conflitos armados e coidar a auga é posíbel. Para acabar a actividade, cada grupo deberá facer unha presentación ao resto da aula e cada alumno e alumna redactará un artigo xornalístico sobre a súa investigación.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo analizar unha situación concreta relacionada co dereito á auga e á propiedade, e mostrar accións cidadés que procuran a xustiza social. A actividade comeza coa lectura dun artigo para contextualizar o tema. Proponse despois un xogo de rol en grupos sobre un caso real ocorrido en Cochabamba. Finalizado o xogo, entrarase a analizar o que ocorreu na realidade en Bolivia e cál foi a actitude dos principais axentes implicados no conflito pola auga. Desta forma, preténdese que o alumnado adquira unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións.
Quiero saber más
Este material ten como obxectivo reflexionar e analizar o uso da auga no caso concreto do turismo na conca mediterránea, mostrando as desigualdades que se xeran. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos que propoñen unha viaxe a Marrocos. A través da procura na Internet, cada grupo deberá deseñar un plano de viaxe. Unha vez realizado o plano, será calculado o consumo de auga que cada modelo turístico xerará. O obxectivo desta actividade é reflexionar sobre os modelos de consumo turístico que poden ser máis xustos e sustentíbeis. A continuación, analizarase a dispoñibilidade de auga doce no mundo e reflexionarase sobre o dereito á auga como requisito previo para...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e bo uso da auga, e realizar un manifesto cun decálogo de boas prácticas. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa. Recoméndase establecer momentos nos días seguintes á realización desta actividade para avaliar os compromisos adquiridos e o seu grao de cumprimento.
Quiero saber más
Mediante información sobre o virus H5N1, fornecese ao alumnado información sobre a problemática do acceso aos medicamentos. O seu obxectivo é que os alumnos e alumnas constrúan as súas propias opinións sobre o tema ao poder contrastar a información recibida coa que lle chega a través dos medios de comunicación. Esta actividade pretende recoñecer a importancia do acceso universal aos medicamentos e identificar os mecanismos e os actores que llo impiden. Igualmente, abre o debate sobre o dilema entre o dereito de propiedade e o de acceso aos medicamentos como parte integrante do dereito humano universal á saúde. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más