A través dunhas fotografías e o comentario de textos son analizados os efectos das guerras nas persoas, especialmente nos nenos e nenas. A actividade esá prevista en dúas sesións dunha hora de duración cada unha. Na primeira, trabállase sobre unhas fotografías extraídas do libro Vidas minadas, cinco anos despois, de Gervasio Sánchez, e na segunda analízanse dous artigos xornalísticos que mostran outros efectos das guerras na infancia, como son o recrutamento de nenos soldados, os orfos que fican despois do conflito, as encarceramentos... Proponse como conclusión da actividade unha posta en común de toda a información tratada e un debate sobre as sensacións que xerou no grupo.
Quiero saber más
Esta actividade pretende tomar conciencia sobre as consecuencias que os conflitos armados teñen sobre a poboación civil. Para iso, lerán testemuños dalgúns conflitos e recolleranse, a partir da realización de entrevistas, testemuños de persoas maiores sobre as súas vivencias durante a Guerra Civil Española. O obxectivo principal é recoñecer as vítimas civés como o branco principal dos actuais conflitos armados e analizar as consecuencias que todo conflito ten sobre a poboación civil. Esta proposta está formulada para ser traballada en dúas sesións dunha hora de duración máis a entrevista.
Quiero saber más
Esta actividad forma parte de la carpeta de recursos Muévete. Armas bajo Control, incluida en la maleta pedagógica Armas bajo Control, que ofrece también otros materiales y actividades relacionados con el tema.
Quiero saber más
Esta actividade propón facer unha subhasta na que se poxará para conseguir o maior número de frases correctas. O principal obxectivo é dar a coñecer certas informacións, que poden ser sorprendentes, sobre o comercio, a posesión de armas e as súas consecuencias. Unha vez terminada a subhasta, e a través da lectura do cómic Tráfico de armas, de El Jueves, se irá desvelando a veracidade ou falsidade das oracións. Proponse como dinámica o traballo en grupos de 3 ou 4 persoas que deberín decidir conxuntamente por que frases poxa. Finalmente, e tras a lectura do cómic, proponse reflexionar sobre as afirmacións e o porque dos erros e acertos que se teñan cometido. A duración aproximada...
Quiero saber más
Esta actividade ten como obxectivo analizar o papel dos medios de comunicación na transmisión da cultura da violencia e da cultura do medo. A partir da canción Where is the love?, do CD Elephunk do grupo Black Eyed Peas, propón reflexionar sobre o papel e a responsabilidade que temos como consumidores na normalización da violencia cultural nos medios de comunicación. Proponse como dinámica ouvir a canción, xunto coa letra, e responder a un cuestionario que abra a porta ao debate en grupo. A canción pode ser traballada tanto na súa versión orixinal en inglés, como coa tradución. e a duración aproximada da actividade é dunha sesión dunha hora, se se traballar coa tradución da letra,...
Quiero saber más
Esta actividade propón a visualización e comentario do filme Bowling for Columbine, do director norteamericano Michael Moore. A través deste filme, serán analizadas as causas do uso das armas e da cultura da violencia. O documental apunta os posíbeis factores que fan aflorar actitudes que potencian o uso da violencia directa, como o sentimento de propiedade, a procura de seguridade, o sentimento de superioridade... Proponse como dinámica, antes de proceder a ver o filme, distribuír follas en branco a cada persoa do grupo para que anote tres motivos que respondan á pregunta “por que as persoas se arman?”. Ao finalizar o filme, faise unha posta en común coas respostas e cúbrese un...
Quiero saber más
A partir da lectura do poema O medo global de Eduardo Galeano, indúcese á reflexión sobre a cultura do medo. Para iso, formúlanse unhas preguntas que deben dar pasaxe ao debate e á reflexión sobre por que vivimos con medo, as consecuencias que ten esta actitude e se é posíbel vivir de forma diferente. O material propón tamén o tema do pensamento único e foi concibido para ser desenvolvido nunha sesión dunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura dun cómic, esta actividade analiza a influencia do medo nas nosas decisións e reflexiona sobre o concepto de seguridade na sociedade actual. Igualmente, recoñece a posesión de armas como agravante da violencia directa. Trátase dunha actividade formulada para ser desenvolvida en grupo durante aproximadamente unha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura dunha banda deseñada preténdese buscar paralelismos con situacións da vida cotiá e identificar os diferentes elementos da historia con entidades ou personaxes presentes na nosa realidade. Coa lectura do texto da ra e o cuestionario posterior poden ser introducidos os termos de obxectividade, influencia do ambiente... Proponse acabar a actividade cunha conclusión común sobre o que transmitiu o texto. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más
A partir da lectura e da audición de Canción do Nadal, de Silvio Rodríguez, quérese inducir á reflexión sobre o consumismo, o pensamento único e a solidariedade. Proponse nun primeiro momento escoitar a canción como unha primeira toma de contacto. Despois, distribúese a letra xunto cun cuestionario e, finalmente, debátese sobre as posíbeis interpretacións que xurdisen, para acordar conxuntamente a mensaxe da canción. A súa duración está prevista nunha hora.
Quiero saber más