Castelán

De forma simbòlica, esta unidade comeza coa distribución entre o alumnado de diferentes ofertas de viaxes a destinos que viven unha situación de conflito. Os destinos son países como Haití, a República Democrática do Congo ou Sudán, ou sitios no noso país que viven calquera situación de violencia (un instituto, un centro de internamento de menores inmigrantes, unha casa de mulleres maltratadas, etc). A actividade propón que o alumnado investigue sobre os diferentes casos que se formulan e suxire como actividade final unha sesión de vídeo fórum con filmes que traten o tema da violencia. Esta unidade ten como obxectivo facer reflexionar aos rapaces e raparigas sobre os conflitos esquecidos,...
Quiero saber más
Esta unidade ten como obxectivo reflexionar sobre as distintas vías de transformación e resolución dos conflitos e as consecuencias que estas teñen para as persoas. A partir dun xogo de rol sobre a historia de Yusuf, un mozo sudanés que viviu de cerca o conflito de Darfur (Sudán), a actividade pretende que os rapaces e raparigas reflexionen sobre o papel que xogan os diferentes axentes nun conflito como este. Finalizado o xogo, ábrese un espazo de debate para falar sobre este e outros conflitos. Esta actividade pretende dar pé a falar sobre algúns dos conflitos armados que teñen lugar no mundo e o papel que xogan os medios de comunicación...
Quiero saber más
Esta unidade didáctica parte dunha lectura en común dun texto do novelista ruso León Tolstoi. O texto pretende facer reaccionar ao alumnado sobre a construción das defensas innecesarias que a miúdo conducen a unha situación de conflito tamén innecesaria e absurda. A partir da lectura, incítase á reflexión en torno da actuación dos diferentes personaxes e a procura conxunta dunha solución para a paz. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica ten como obxectivo facer reflexionar en torno ao concepto de paz. A partir da lectura en común dunha fábula xaponesa, son propostas unhas dinámicas para analizar conxuntamente o texto. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Quiero saber más
Esta unidade pretende traballar a xestión de conflitos e a súa análise a través de situacións próximas do alumnado. A primeira actividade formula un dilema moral a través dun caso imaxinario de conflito na aula. A partir do diálogo e debate xerado por este caso, son analizadas diferentes estratexias de xestión e transformación do conflito. Finalmente, proponse a realización dun mural coas conclusións extraídas. Esta unidade ten como obxectivo básico o fomento da empatía, o diálogo e a escoita activa, ademais de aprender a diferenciar a violencia do conflito.
Quiero saber más
Esta unidade didáctica propón reflexionar, a partir dunha chuvia de ideas inicial, en torno do concepto de paz. Pretende conseguir entre todos e todas unha definición que vaia máis alá da ausencia de guerra. Para iso, aproxima a paz da súa realidade máis próxima, como a relación cos seus irmáns ou cos seus amigos e amigas. Finalmente, proponse a realización entre toda a aula dun acto simbólico sobre a paz.
Quiero saber más
Trátase dunha unidade didáctica que a través de 4 actividades de aula acerca ao alumnado as nocións de paz e xestión de conflitos. A través de exemplos moi próximos, como unha pelexa no patio da escola, este material ten como obxectivo abordar a resolución de conflitos pola vía pacífica, pondo especial énfase nas normas de comunicación e na transformación de conflitos. Igualmente pretende, a través do debuxo, traballar os sentimentos que xeran nos máis pequenos a guerra e a paz.
Quiero saber más
O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias. A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir...
Quiero saber más
O monográfico comeza coa reflexión individual e colectiva que temos cada persoa sobre a diferenza de sexos. A continuación, propón reflexionar sobre a distribución desigual de homes e mulleres nas tarefas domésticas e na diferenza de salarios por un mesmo traballo. As seguintes actividades introducen o alumnado nun contexto como o africano onde as mulleres sofren a marxinación, a pesar de levaren o peso da economía en moitos casos. O monográfico suxire o traballo en grupos para propor solucións que poderían ser levados a cabo tanto desde os gobernos, como desde as empresas, as familias e a propia escola, para fomentar a igualdade de oportunidades. E propón a realización dunha noticia...
Quiero saber más
Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo e pretende potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. A primeira actividade consiste en desenmascarar os estereotipos que transmiten os contos tradicionais. A continuación, proponse reflexionar a partir do máis próximo, como é a distribución de tarefas na casa, as profesións do noso contorno ou as dinámicas de xogo na escola. A través dunha actividade de interpretación de imaxes, o alumnado é introducido nun contexto méis lonxincuo onde tamén aparece a desigualdade de oportunidades por razón de xénero. A modo de síntese, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente un manifesto reclamando solucións é desigualdade de...
Quiero saber más