Máis vello de 16 anos

O obxectivo deste Global Express é identificar e entender a gran variedade de factores e actores que interveñen nunha crise socioeconómica como a que viviu a Arxentina no ano 2002. A partir da análise de imaxes, preténdese xerar a empatía do alumnado coa poboación arxentina, así como ver os conceptos previos que coñece sobre o tema. As seguintes actividades entran na análise do porque da crise, así como na identificación dos seus principais actores (a débeda externa, o Goberno e o seu “corralito", o FMI, etc.). A través de fotografías e titulares xornalísticos, analízase o estalido social xerado na Arxentina, coas famosas protestas con cazarolas. Por último, proponse ao alumnado...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes, a primeira actividade pon de manifesto que a poboación civil é quen máis sofre nunha guerra. A continuación, pásase a analizar quén se beneficia da situación, evidenciando algúns dos intereses que se esconden detrás da chamada “guerra contra o terrorismo”. Por último, preséntanse catro temas de debate que pretenden fomentar o espírito crítico do alumnado perante os acontecementos mundiais e potenciar, tamén, actitudes críticas fronte á cultura da violencia e...
Quiero saber más
Esta edición de Global Express reflexiona sobre a transcendencia do Cumio de Copenhague e a nosa responsabilidade a ese respecto. A partir da análise dunha imaxe e duns textos, o material comeza dando unha visión global do que é un cumio internacional, centrándose na realidade concreta do de Copenhague. Despois, reflexiona, a partir da análise de datos estatísticos, acerca dos compromisos adquiridos en Kioto e o grao de incumprimento de cada un dos países na actualidade, e pasa a analizar as consecuencias da mudanza climática para por en evidencia qué son os que máis as padecen. Este traballo é realizado a partir da análise de noticias de prensa. O material...
Quiero saber más
Amnistía Internacional e Oxfam Intermón, ante a grave situación de crise humanitaria que están sufrindo moitas persoas migrantes en todo o mundo, impulsamos un traballo educativo e de denuncia dirixido a nenos, nenas, mozos e mozas de centros educativos de todo o Estado español. Con esta guía didáctica, “Desmontando estereotipos: persoas migrantes e refuxiadas”, Amnistía Internacional e Oxfam Intermón ofrecemos unha proposta para profundar no coñecemento e a análise crítica dos fenómenos migratorios no mundo, dirixida a estudantes e estruturada en tres sesións de traballo. Esta proposta únese ás que as dúas organizacións realizan habitualmente a través das súas campañas:YoAcojo e BuscandoRefugio.
Quiero saber más
Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, a proposta céntrase no traballo de análise e recoñecemento das desigualdades de xénero ao nivel persoal e social. A través do debate a partir de vídeos, dinámicas de posicionamento, xogos...
Quiero saber más
Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 6 a 17 anos (ESO e Bacharelato) de diferentes realidades xeográficas, culturais e sociais, e en que participan centros de todo o mundo. Está traducida para oito linguas. Esta iniciativa, que neste ano celebra a súa 13.ª edición, é levada a cabo por unha comisión da Rede de educadores e educadoras de Oxfam Intermón que cada curso escolar traballa cinco propostas didácticas para distintos niveis a partir dun tema escollido relacionado coa cidadanía global.
Quiero saber más
Este material é unha edición ampliada da guía didáctica para o profesorado “A promesa”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre a problemática da migración e quebrar tópicos e estereotipos sobre as migracións co alumnado da educación secundaria, tanto en educación formal como non formal. As migracións son un feito masivo, mais non despersonalizado: cada emigrante ten a súa propia historia, e as súas emocións son persoais, únicas e xenuínas. Contra unha visión xeneralizadora e abstracta da persoa emigrante, esta proposta didáctica quere potenciar unha visión concreta e emocional da súa realidade a través das actividades propostas. En primeiro lugar, proponse a introdución do tema a partir da visualización e o comentario...
Quiero saber más
Traballar propostas pedagóxicas encadradas en procesos de creación reflexiva e cun sentido pedagóxico, co obxectivo de converter o centro nun espazo para as relacións, os encontros e os saberes compartidos desde planeamentos artísticos. É fundamental a creación dun clima que favoreza o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva; a busca dunha mesma linguaxe pedagóxica, cuns principios compartidos con respecto ao currículo real e acorde co alumnado, e, por último, unha escola aberta ás familias e, por extensión, a toda a comunidade. Consideramos que desde a escola debemos reivindicar e reinventar as potencialidades do espazo-ambiente. A escola debe ser reflexo da nosa identidade e un elemento comunicador, mediador, que favoreza e...
Quiero saber más
A Escola Municipal de Pais e Nais de Coín comeza a súa andadura para dar resposta ao consumo de drogas que ocorre no municipio. Á referida escola nun principio só asisten nais preocupadas polas condutas de seus fillos e fillas e podería dicirse que neses momentos fundamentalmente se traballaba en prevención de condutas de risco. A Escola Municipal de Pais e Nais ofrece cursos gratuítos que teñen como obxectivo educar nosos/as fillos/as da mellor maneira posíbel; para iso, as nais e os pais temos que desenvolver a nosa intelixencia educativa.
Quiero saber más
Coa incorporación da EpDCG pomos de manifesto a necesidade de traballar a Equidade de Xénero como ferramenta básica na análise e na compresión dos problemas sociais actuais, e utilizamos para iso a metodoloxía “Mozos actuando con coidados” encadrada na Campaña de mobilización “Actúa con coidados. Transforma a realidade” de InteRed, cuxa perspectiva de xénero e abordaxe socio-educativa posibilitan un ambiente de traballo adecuado á nosa realidade. Por un lado, é realizado un proceso de formación e sensibilización do profesorado en torno da Ética do Coidado e da Abordaxe de Xénero, e, por outro, un proceso de empoderamento xuvenil e emprendemento social coa conformación de Grupos de Mobilización de Mozos da ESO, Ciclo Formativo e/ou...
Quiero saber más