Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo. A través de 8 actividades, proponse traballar a cuestión de xénero desde diferentes perspectivas co obxectivo de potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. Comezando polo máis próximo, como é o contorno familiar, ata o máis afastado, como é o caso de Lorna, unha nena de Kenya que tivo que abandonar a escola. Con este exemplo, o monográfico pon sobre a mesa a existencia dunhas necesidades básicas para poder vivir con dignidade e formula tamén a universalidade dos dereitos como a educación, a alimentación, o lecer, a saúde ou a felicidade. A modo de síntese de...
Quiero saber más
É importante que os cativos e cativas estean conectados coa actualidade e que comprendan os asuntos que ocorren ao seu arredor. Xa desde educación infantil poden ser coñecedores dos acontecementos sociais e medio-ambientais que conforman a realidade na que vivimos. A crise social en torno a migrantes e persoas refuxiadas é quizais o maior acontecemento de vulneración dos dereitos humanos da nosa época. Inclúe cuestións relacionadas cos movementos migratorios, as fronteiras, o respecto ao asilo e à infancia, a perda de vidas humanas por causas puramente políticas, o crecemento de actitudes racistas e xenófobas en Europa. Pero tamén outras como solidariedade, xustiza e igualdade, que consideramos que se poden entender xa...
Quiero saber más