Barcelona, 17 de maio de 2025
O 17 de maio, a Universidade de Barcelona acolleu as VI Xornadas de Educación Ecosocial “Soñando Ecotopías, coidando o futuro”, un evento organizado polo IDP UB e Fuhem. A xornada foi un espazo de aprendizaxe e sinerxias no que participaron sete compañeiras da Rede: Desi, Esther, Clara, Lorens, Eva, Marta e Mercè.
Este encontro foi unha gran oportunidade para difundir os nosos materiais didácticos e mostrar como se poden aplicar na aula. As xornadas fomentaron intercambios con educadoras e outras entidades, reforzando o noso compromiso coa educación ecosocial.
Pódese consultar a relatoría completa da xornada, que inclúe ligazóns a todos os recursos presentados, na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1r2EtmIwk7p1fkajL5f2X7MU0PFqCc358/view
Animámosche a botarlle unha ollada!