22 de outubro de 2025, UB, Barcelona. Organizadas por ACNUR e Fundació Solidaritat UB.

Humbert Burcet participou na Mesa redonda 3 “Transformar o currículo integrando a Educación Global e o desprazamento forzado para combater a xenofobia desde o ámbito educativo. Como traballamos a competencia cidadá?”, onde se falou da necesidade de analizar as causas e consecuencias dos desprazamentos forzados, de incorporar contidos sobre o asilo e as migracións desde a perspectiva dos Dereitos Humanos no currículo e fíxose énfase no desenvolvemento da competencia cidadá crítica. Isto implica que o alumnado aprenda a analizar discursos de odio e a rexeitar os estereotipos. Humbert tamén falou do labor que se realiza desde a Xarxa (Rede) coa Pedagoxía dos Coidados, da importancia da acollida emocional do alumnado e as familias migradas, e especialmente de quen chega por un desprazamento forzoso. Ofreceu exemplos concretos en primaria e secundaria de como se pode tratar o duelo migratorio e mencionou dinámicas e actuacións con metodoloxías activas cun impacto real na contorna, como a viaxe do pajarito (infantil e primaria: exposición no MHIC) e a liga de críquet (L’Hospitalet). Ademais, fixo referencia a materiais e recursos que se poden utilizar (maleta didáctica de educación e refuxio). En resumo, exploráronse estratexias para promover o pensamento crítico e a empatía como ferramentas contra a xenofobia. Á Xornada puideron asistir tamén Mercè da Xarxa e Ana de Iparra, da Rede Norte ECG.



