Unha vacina contra a pobreza

Buscador de recursos

Unha vacina contra a pobreza

Autoría: Raúl Aguado
Data: 2005
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este monográfico ten como obxectivo recoñecer a saúde como un dereito universal e os servizos sanitarios como un ben público global. Igualmente, establece a relación entre saúde e pobreza. A primeira actividade recoñece que detrás das doenzas hai persoas doentes. A continuación, proponse a análise duns gráficos e un mapa que mostran o acceso desigual á saúde e reflexionan sobre o concepto de doenzas esquecidas. A través dun xogo de rol, os alumnos e alumnas, divididos en grupos e convertidos en propietarios dunha empresa farmacéutica, deberán escoller entre unha serie de alternativas. O obxectivo é introducir o factor ético na produción e distribución de medicamentos. Por último, ábrese a reflexión sobre o uso que facemos dos medicamentos e a súa posíbel doazón. Este material é proposto para traballar en catro sesións de aula.
Observacións:
Esta proposta fai parte do monográfico “Unha vacina contra a pobreza” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria e foi elaborado conxuntamente coa ONG “Medicus Mundi”.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: