Un aniversario de cores

Buscador de recursos

Un aniversario de cores

Autoría: Barabara Educació SCCL
Data: 2016
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego, Inglés
Descrición:

Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade.

Para esta etapa, a proposta céntrase na expresión de sentimentos e emocións, no fomento da empatía, na identificación de papeis e estereotipos para evidenciar a igualdade de dereitos a través das historias familiares, nas cancións, nos xogos populares e nas profesións.
Observacións:
Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Camiños de igualdade”, elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: