Tsunami: da emerxencia á solidariedade

Buscador de recursos

Tsunami: da emerxencia á solidariedade

Autoría: Gemma Bello, Raquel León
Data: 2005
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Esta edición de Global Express convida a analizar a relación entre as consecuencias dunha catástrofe, como o Tsunami, e a pobreza, e permite reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre. A primeira actividade convida o alumnado a participar nunha chuvia de ideas para compartir a información que teñen sobre o desastre, a partir dalgunhas preguntas. A continuación, e a partir de lecturas sobre catro países imaxinarios, ábrese a reflexión sobre o xeito en que os medios inflúen na nosa imaxe e percepción do outro e dos países do Sur. Para esta actividade, proponse a división da aula en grupos que deberán resolver as cuestións formuladas na ficha. A análise dalgunhas fotografías ofrece a posibilidade de identificar as consecuencias a curto e longo prazo dun desastre como o Tsunami, ademais de imaxinar solucións e identificar responsábeis. Tamén a lectura de noticias mostra a reacción da comunidade internacional e reflexiona sobre os diferentes tipos de axuda que se activaron. Por último, proponse unha chuvia de ideas para a elaboración dunha campaña de axuda ou de sensibilización.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: