Traballo con dignidade

Buscador de recursos

Traballo con dignidade

Autoría: Jennifer Williams Ramos
Data: 2003
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. Dá a coñecer algúns dos dereitos laborais recoñecidos internacionalmente. E analizar o cumprimento dos dereitos laborais no noso país, a partir do máis prÓximo. Para iso, propÓn ao alumnado realizar enquisas aos membros da sÚa familia. Igualmente, este material pon sobre a mesa que todas as persoas temos unhas necesidades bÁsicas que necesitamos satisfacer para vivir unha vida digna. E fai sentir as vivencias, a travÉs dun xogo, as relaciÓns de poder que existen nas relaciÓns laborais propiciadas polo actual sistema de comercio internacional.

As actividades van encamiñadas a sensibilizarse cos traballadores e traballadoras do Sur que padecen situacións de inxustiza. E identificar as mulleres como as grandes a pesar de que o traballo feminino é a base dos ingresos familiares na maioría de países do Sur. Finalmente, fai descubrir ao alumnado o papel e o poder que como consumidores podemos exercer cun consumo crítico e responsable. E fomentar a participación social e colectiva como estratexia para conseguir o respecto polos dereitos laborais e a mudanza das regras no comercio internacional. Tamén dá a coñecer o comercio xusto.

Este monográfico está proposto para traballar en catro sesións de aula.

Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Dereitos laborais” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: