Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global

Buscador de recursos

Tese de Doutoramento: Globalización, Gobernabilidade e Educación: cara á construción dunha cidadanía global

Autoría: Giulia Pizzuti
Data: 2016
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Na presente Tese de Doutoramento, son analizadas as principais causas e consecuencias que conduciron á actual crise sistémica, considerando novos modelos sustentábeis de desenvolvemento económico fundamentados nunha relación diferente entre mercados e institucións, na complementariedade da esfera local e global das relacións económicas, sociais e políticas, e na posibilidade de contar cun sistema educativo que facilite a construción dunha cidadanía global.

Con este obxectivo, contémplanse tres niveis de interpretación estreitamente vinculados entre si: a análise da política económica dominante nos seus aspectos cuantitativos e cualitativos; a evolución da visión cultural neoliberal e a consideración do paradigma cultural e do senso común que, afectando a opinión pública, contribuíu para o desenvolvemento das políticas deste modelo.

Partindo da abordaxe da Educación para unha Cidadanía Global de Oxfam Intermón, analízase en qué medida, desde as institucións e desde o ámbito da cooperación, susténtase a posta en marcha de actividades didácticas caracterizadas polos principios e polos valores da ECG. E, finalmente, son presentados os resultados do estudo de caso dirixidos a destacar os elementos que facilitan e/ou dificultan a incorporación dos valores, contidos e metodoloxías da Educación para unha Cidadanía Global nos centros de primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Andalucía.

Observacións:
Descarga de recursos
Tesis_Doctoral_GiuliaPizzuti.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: