Salvaranos Kyoto?

Buscador de recursos

Salvaranos Kyoto?

Autoría: Ferran Polo
Data: 2005
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este Global Express ofrece elementos para reflexionar sobre a entrada en vigor do Protocolo de Kyoto e a súa influencia sobre as poboacións máis vulnerábeis do planeta. A través de cinco actividades, o material cuestiona se a entrada en vigor do Protocolo é suficiente para paliar os efectos da mudanza climática e frear a chamada pegada ecolóxica. Este Global denuncia ademais cómo as poboacións máis afectadas son as menos responsábeis polo quecemento global e fai unha chamada á responsabilidade individual e colectiva para facer fronte á mudanza climática e atinxir un equilibrio ambiental. O material pretende ademais espertar no alumnado unha actitude autocrítica que permita tomar conciencia do impacto das nosas accións cotiás na vida de millóns de persoas.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: