Quen é quen no negocio das armas

Buscador de recursos

Quen é quen no negocio das armas

Autoría: Montse López, Vanessa Quintana, Gaspar Tarrida
Data: 2004
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:

Esta actividade pon ao descuberto a relación existente entre o comercio de armas e os conflitos armados. A través da análise de dous mapas mundiais, ofrécese información diversa sobre conflitos armados e compra e venda de armas. O traballo consiste en localizar no mapa os países expostos nas listas. A metade do grupo dispón de información sobre quen son os principais beneficiarios do comercio de armas e a quen venden a súa mercadoría, e a outra metade traballa cunha lista cos principais países en conflito na actualidade. Unha vez realizado este traballo, trátase de completar a información recibida combinando persoas de grupos diferentes. Ao contrastar a información dos dous grupos, ponse de manifesto a relación entre o comercio de armas e os conflitos armados existentes na actualidade.

Para esta actividade, recoméndase dedicar como mínimo unha sesión dunha hora.

Observacións:
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete. Armas baixo Control, incluída na maleta pedagóxica Armas baixo Control, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionados co tema.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: