Political Parties in 4th ESO

Buscador de recursos

Political Parties in 4th ESO

Autoría: Mª Carmen Afonso Mederos
Data: 2016
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 14 a 16 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Este proxecto foi realizado nun grupo de 4.º da ESO na materia de inglés, coincidindo coa campaña electoral previa ás eleccións municipais de maio de 2015. Despois de ter traballado a proposta de Conectando mundos, espértase no alumnado a conciencia crítica sobre a situación social, económica e política actual, e a necesidade de transformala. Por iso, propónselle unha iniciativa para forneceren solucións concretas mediante o deseño dun partido político e a elaboración dun programa electoral con propostas sobre temas específicos.

Para poder alcanzar eses obxectivos, é adoptada unha metodoloxía de aprendizaxe significativa, partindo da súa realidade máis concreta, “o centro educativo ideal”, para despois chegar a deseñar unha proposta política máis ampla para atinxir o seu “país ideal”. Con esta proposta, trabállase a abordaxe crítica desde a análise sistemática da realidade, e refórzanse competencias dialóxicas do alumnado, con múltiplas actividades guiadas de minidiálogos sobre temas moi próximos, que foron sendo ampliados en tempo e profundidade ao longo de varias semanas.

Observacións:
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_57_ESP.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: