Participamos activamente na mudanza do noso mundo

Buscador de recursos

Participamos activamente na mudanza do noso mundo

Autoría: Claudia Avelar Aguilar (Centro Técnico San Ignacio, El Negrito, Yoro, Honduras)
Data: 2010
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 12 a 14 anos
Idioma: Castelán
Descrición:
Esta práctica educativa desenvolvida no Centro Técnico San Ignacio, El Negrito, Yoro (Honduras) consiste no coñecemento de cómo afecta o noso quefacer na deterioración do Planeta. Desenvolveuse mediante a execución de diversas actividades para crear unha mudanza de comportamento ambiental nos mozos e na comunidade. Naceu a partir da participación no programa Conectando Mundos 2008 sobre a mudanza climática por parte de 31 estudantes do terceiro ano de ciclo común. A práctica desenvolveuse a través da investigación, o diálogo, as entrevistas e o traballo en grupo, tanto na aula como na comunidade. Todo o aprendido foi exposto ao resto do alumnado mediante charlas e presentacións audiovisuais. Igualmente, participouse nun programa televisivo local que serviu para obter unha bolsa para investigar os danos que pode provocar na saúde a instalación de antenas de telefonía móbil na poboación próxima.
Observacións:
Esta experiencia foi presentada no III Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2009, cuxa memoria está disponible en Kaidara.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: