Para que todos e todas esteamos sans

Buscador de recursos

Para que todos e todas esteamos sans

Autoría: Raúl Aguado
Data: 2005
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
O obxectivo deste material é descubrir que a alimentación é un dos compoñentes básicos da saúde e unha necesidade básica de todo ser humano. Preténdese incidir na accesibilidade que nos países do Norte temos, por regra xeral, a unha alimentación variada. A partir do debuxo da capa, ábrese o traballo en torno de qué alimentos se consideran saudábeis e contribúen para unha saúde equilibrada. Despois, son analizados os diferentes tipos de alimentación en diferentes países para avaliar a variedade de alimentos do mundo como reflexo da variedade cultural. Este material quer recoñecer a saúde como un dereito universal. A través dalgúns testemuños, verase cal é a situación nalgúns países do Sur e para pór finalmente de manifesto que todas as persoas do mundo teñen os mesmos dereitos e necesidades de alimentación, auga e saúde, e recoñecer as carencias en saúde do Sur como causa e consecuencia da pobreza. Este material é proposto para traballar en catro sesións de aula.
Observacións:
Esta proposta fai parte do monográfico “Unha vacina contra a pobreza” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria e foi elaborado conxuntamente coa ONG “Medicus Mundi”.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: