O Debate. Quendas de exposicions e replicas nunha frenetica carreira contra o reloxo

Buscador de recursos

O Debate. Quendas de exposicions e replicas nunha frenetica carreira contra o reloxo

Autoría: Elena Garcia Marin
Data: 2014
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Organización e realización dun concurso de debates en todo o Centro para fomentar a expresión oral do alumnado. Esta iniciativa naceu ao constatar a necesidade de facer actividades que motiven os alumnos e alumnas a se expresaren oralmente perante o resto dos seus compañeiros e compañeiras, xa que a maioría das actividades que se impulsan na aula son de expresión escrita.

En primeiro lugar execútase unha fase de aula, en que os equipos de cada aula debaten entre eles e o equipo que mellor argumenta e defende a súa postura, pasa á segunda fase; a de centro. Nesta fase enfróntanse (no salón de actos) os equipos vencedores de cada nivel (tres niveis: primeiro ciclo da ESO, segundo ciclo da ESO, 1.º de Bacharelato), creando grande expectación e emoción entre os seus compañeiros.

Ademais do fomento da expresión oral, esta experiencia permitiu desenvolver a capacidade de diálogo, escoita e argumentación, ao ter que reflexionar sobre un tema determinado debendo buscar argumentos a favor e en contra, a pesar das opinións propias de cada individuo e grupo.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_39_ESP.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: