O aniversario de Laura

Buscador de recursos

O aniversario de Laura

Autoría: Sibila Vigna
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
Este material aborda o actual sistema de comercio internacional, a partir do propio contexto dos alumnos e alumnas. Nesta liña, traballarase o concepto de comercio e mercado a partir da experiencia cotiá, utilizando técnicas vivenciais adaptadas é idade. A través da lectura dun conto co personaxe de Laura como protagonista, as actividades propostas van dirixidas a analizar o tema do comercio, centrado, sobre todo, en produtos de alimentación. Para iso, ofrécese unha gran variedade de actividades, como o traballo con mapas, un xogo simbólico en torno dun mercado, análises de imaxes e comprensión lectora, sopas de letras, etc. Todas elas teñen como obxectivo dar a coñecer, reflexionar e tomar posición acerca das situacións inxustas xeradas polo comercio internacional, asícomo establecer vínculos entre o sistema económico, as necesidades básicas e os dereitos das persoas. Este caderno pretende, ademais, mostrar as relacións entre o consumo da poboación do Norte e a vulnerabilidade económica das persoas traballadoras e labregas do Sur, con o obxectivo último de solidarizarse con as persoas que viven situacións de inxustiza como consecuencia do sistema de comercio internacional e propor accións individuais e colectivas que contribúan para mudar esta situación.
Observacións:
Este material fai parte da maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: