Na ribeira do Oka

Buscador de recursos

Na ribeira do Oka

Autoría: Equipo educativo de Intermón Oxfam de Zaragoza
Data: 2006
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Esta unidade didáctica parte dunha lectura en común dun texto do novelista ruso León Tolstoi. O texto pretende facer reaccionar ao alumnado sobre a construción das defensas innecesarias que a miúdo conducen a unha situación de conflito tamén innecesaria e absurda. A partir da lectura, incítase á reflexión en torno da actuación dos diferentes personaxes e a procura conxunta dunha solución para a paz. O material pretende facer tomar conciencia ao alumnado de que a paz se basea na confianza entre as persoas.
Observacións:
Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a través de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: