Memoria do VII Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Buscador de recursos

Memoria do VII Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Autoría: Oxfam Intermón
Data: 2018
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

O VII Seminario “Educar para unha cidadanía global” non foi máis un: a Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (Rede EyECG) alcanza o seu décimo aniversario, e os aniversarios son as mellores festas porque celebran a vida. Con este ánimo, reuníronse unhas 80 persoas do 7 ao 9 de xullo de 2017 en Los Negrales (Madrid). A efeméride impregnou todo o Seminario, xa que o que a Rede é hoxe nace do camiño percorrido e, moi especialmente, das persoas que o foron transitando. Todas deixaron a súa marca e todas estiveran moi presentes na celebración.

Ademais da celebración, as metodoloxías para a construción dunha cidadanía global foron o fío condutor de tres días de intenso traballo. A través de conversas, mesas redondas e, sobre todo, obradoiros e actividades participativas, os e as participantes debateron como construír un mundo máis xusto e máis solidario desde a práctica educativa, compartiron aprendizaxes e analizaron experiencias comprometidas coa mudanza e coa xustiza social no ámbito da aula, centro e contorno, e identificaron novas oportunidades para a acción, do local ao global.

Observacións:
As experiencias presentadas neste seminario poden encontrarse tamén en Kaidara
Descarga de recursos
VII_memoria_seminari_003-1.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: