Memoria do VI Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Buscador de recursos

Memoria do VI Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2016
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

O VI Seminario “Educar para unha cidadanía global” reuniu, do 3 ao 5 de xullo, 113 educadores e educadoras para reflexionaren, debateren e trocaren puntos de vista sobre o papel do docente como axente de transformación social.

A Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global (Rede EyECG) é consciente dos desafíos formulados polo actual contexto político, económico e social, así como da importancia de abrir os debates a outros actores de obxectivos confluentes, tanto para depurar e contrastar visións, como para establecer sinerxías. Por iso, no seminario participaron outros colectivos, como Alboan, Entreculturas e Intered, que, xunto con Oxfam Intermón, impulsan o Movemento pola educación transformadora e pola cidadanía global, xunto á Educación Que Nos Une, á Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, á Confederación Estatal de Asociacións de Estudantes, e a representantes de Oxfam Intermón e Oxfam Solidarité (Bélxica).

A educación non é neutral, e a Rede tampouco. Durante o Seminario, foi presentada a súa posición política como colectivo que cre firmemente que a educación é un instrumento fundamental na loita contra a pobreza e a desigualdade.

Ao longo de tres días de intenso traballo, en charlas, mesas redondas e, sobre todo, obradoiros e actividades participativas, os e as participantes debateron cómo construír un mundo máis xusto e máis solidario desde a práctica educativa, compartiron aprendizaxes e analizaron experiencias comprometidas coa mudanza e coa xustiza social no ámbito da aula, centro e contorno, e identificaron novas oportunidades para a acción, do local ao global.

Observacións:
As experiencias presentadas neste seminario poden encontrarse tamén en Kaidara.
Descarga de recursos
Memoria_VI_seminario_def.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: