Memoria do IV Seminario ?Educar para unha cidadanía global?

Buscador de recursos

Memoria do IV Seminario ?Educar para unha cidadanía global?

Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2011
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Do 30 de outubro ao 1 de novembro de 2010, realizouse en El Escorial (Madrid) o IV seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede ECG, e que reuniu máis de noventa persoas, procedentes de diversos puntos de España e algúns educadores e educadoras convidados de Portugal e Cuba. Ao longo de tres días, trocaron puntos de vista e compartiron experiencias educativas, co obxectivo de fortalecer e consolidar a rede como espazo de encontro e de traballo cooperativo. O encontro xirou ao redor do profesorado como axente de mudanza e o fenómeno migratorio como oportunidade de novos modelo de construción social.

Os traballos articuláronse en tres grandes bloques. O primeiro centrouse na participación cidadá, partindo de diversas experiencias de construción de paz (País Vasco), capacitación de líderes comunitarios (Cuba), participación do alumnado no municipio (Almassora. Castellón) e consumo responsábel (revista Opcions).

Durante o segundo bloque, abordouse o tema de migracións, identidade e diversidade a partir do relatorio e do contrapunto de Alessio Surian (profesor da Universidade de Padua (Italia)) e Joan Gratacós (profesor do IES Santa Eugènia de Xirona). Coa intención de se centrar no concreto, cada grupo de traballo analizou dúas experiencias educativas, unha portuguesa e outra española, relacionadas co tema.

Profundar nas aprendizaxes e na participación na rede era o obxectivo do terceiro bloque, en catro ámbitos: os grupos de profesores como espazos de autoformación, aprender das propias experiencias, cidadanía e consumo responsábel, e participación e comunicación. Este bloque cerrouse cunha feira de experiencias.

Observacións:
Descarga de recursos
memoria_seminari_b.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: