Memoria do III Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Buscador de recursos

Memoria do III Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2009
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

O III Seminario para unha cidadanía global (ECG) reuniu en Los Negrales (Madrid) uns 60 educadores e educadoras que, ao longo de tres días – do 2 ao 4 de xullo de 2009 –, debateron sobre identidade, prioridades e estratexias, aprenderon a partir das propias prácticas, intercambiaron dúbidas, se cuestionaron e formularon novos interrogantes e, sobre todo, consolidaron os vínculos persoais e socioafectivos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global.

Esta memoria recolle os resultados do traballo feito durante o Seminario en espazos como os obradoiros de experiencias Aprender da práctica e Tecendo a rede I e II: identidade accións e estratexias, así como as contribucións das distintas Mesas e as conferencias de Óscar Jara e Jaume Martínez Bonafé, para terminar coas conclusións, as aprendizaxes e propostas de futuro.

Observacións:
As experiencias presentadas neste Seminario están dispoñíbeis en Kaidara.
Descarga de recursos
091201_memoriared.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: