Memoria do V Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Buscador de recursos

Memoria do V Seminario “Educar para unha cidadanía global”

Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2013
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Do 6 ao 8 de xullo de 2012, foi realizado en Los Negrales (Madrid) el V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, organizado pola Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global, e que reuniu unha centena de persoas procedentes de varios puntos de España. Ao longo de tres días, os e as participantes trocaron puntos de vista e compartiron experiencias educativas, co obxectivo de fortalecer e consolidar a Rede como un espazo de encontro e de traballo cooperativo. A organización do Seminario foi feita a partir dun proceso participativo, liderado por unha comisión de educadores e educadoras das redes territoriais, e no que participaron de forma directa máis de 60 persoas.

O Seminario foi estruturado en dóas grandes bloques. Centros educativos transformadores xirou ao redor da pregunta: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? A resposta teórica e práctica a esta pregunta foi a materia do primeiro bloque. Abriuse coa presentación do documento da Rede “Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social” (documento CET), ao que Ismael Palacín ofreceu a perspectiva do especialista. Dez experiencias forneceron outros tantos exemplos, nos que se basearon os obradoiros para buscar respostas ¿ versión práctica da pregunta: como facer que os nosos centros sexan transformadores?

No segundo bloque, EnREDándonos, púxose claramente de manifesto o que é un presente da Rede que é debedor dun pasado que xa ten unha respectábel entidade. Compartiuse o traballo realizado por todos os grupos, redes territoriais e comisións da Rede, para debater e deseñar os desafíos e estratexias de futuro e avanzar construéndo un futuro a partir de compromisos individuais e colectivos.

Observacións:
Descarga de recursos
memoria_seminari_def.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: