Marta está contenta

Buscador de recursos

Marta está contenta

Autoría: Ester Casals
Data: 2006
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didàctic
Público destinatario: 3 a 6 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este material pretende profundar no tema da pobreza a partir dunha situación concreta e próxima do alumnado: a historia de Marta, na que seu pai perde o emprego e que está contextualizada no noso país e na nosa realidade. O desemprego é un fenómeno que afecta unha cantidade importante de persoas. A familia de Marta ten cubertas as súas necesidades básicas, mais a noticia inesperada do despedimento do pai provoca un desequilibrio e unha preocupación debida é repentina falta de oportunidades no campo laboral. Desta forma, apréndese a coñecer, entender e avaliar que hai necesidades básicas para poder crecer e vivir con dignidade e profúndase nos sentimentos e nas actitudes que unha situación deste tipo xera nos diferentes membros da familia. Unha vez coñecemos a Marta e sabemos cómo se sente, proponse ao alumnado facer un pastel de chocolate como os que lle gustan a ela. Cociñar na casa é unha das alternativas cando non hai diñeiro para comprar determinadas cousas. Igualmente, a través da doenza de Marta, ábrese a reflexión sobre o dereito á saúde e o feito de que moitos nenos e nenas fican excluídos de algo tan básico como ir ao médico ou comprar medicamentos. Tamén o aniversario da irmá mostra cómo Marta e a avoa lle regalan unha boneca feita por elas mesmas, nun novo exemplo de cómo unha situación de falta de diñeiro, obriga a familia a xerar novas dinámicas. O material quere poñer énfase en que unha vez cubertas as necesidades básicas (alimentación, educación, saúde, etc.), é máis importante para o neno e a nena que estean con eles e gozar xuntos do que se fai, máis do que lles comprar grandes cousas. No final do material, o pai de Marta encontra un novo emprego que trae de novo a tranquilidade ao lar.
Observacións:
Esta carpeta fai parte da maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e unha carpeta de recursos para Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: