Kidane ten un tesouro

Buscador de recursos

Kidane ten un tesouro

Autoría: Ester Casals
Data: 2006
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este material pretende profundar no tema da pobreza a través dun exemplo da Etiopía, un país coñecido polas súas secas e pola fame. A historia de Kidane debuxa unha pobreza absoluta na que se poñen de manifesto a carencia de oportunidades, a falta de corresponsabilidade, a desigualdade, a exclusión e a imposibilidade de satisfacer as necesidades básicas para vivir. A pobreza é unha realidade que viven moitas persoas e que chega aos nosos nenos e nenas desde moi pequenos e por diferentes canais. Estas informacións acostuman chegar aos nenos e ás nenas sen ningunha reflexión ou ben con comentarios tópicos e reducionistas. Kidane, o noso protagonista, ten que fuxir da súa casa debido a unha extrema seca, e camiñar durante días e días até que el e a súa familia encontran un lugar para vivir. Mais terán que volver marchar para encontrar unha cidade con hospital en que poidan curar súa irmá pequena, que está  doente. O encontro de emprego por parte de seus pais leva a familia a unha nova realidade, na que Kidane poderá volver á escola e súa irmá poderá seguir o tratamento máis facilmente. A través deste exemplo, preténdese que o alumnado reflexione sobre as necesidades básicas (alimentación, educación, saúde, auga, etc,) e tome conciencia das diferenzas entre as súas vidas e a historia de Kidane. Finalmente, é proposto un debate para buscar entre todos e todas solucións á seca.
Observacións:
Esta carpeta fai parte da maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e unha carpeta de recursos para Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: