Dime qué móbil me compro

Buscador de recursos

Dime qué móbil me compro

Autoría: Esther L.Delgado Aguiar (IES Playa de Arinaga. Agüimes, Gran Canaria)
Data: 2010
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán
Descrición:
Esta experiencia é unha práctica de aula en que se estudan as competencias básicas do currículo relativas ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais, e consiste na realización dun plano de traballo encamiñado á compra dun teléfono móbil por parte do alumnado de 4.º da ESO e Bacharelato do IES Playa de Arinaga, en Agüimes (Gran Canaria). O alumnado irá descubrindo pouco a pouco as dificultades que este proceso implica: a situación dos mineiros de coltán, os conflitos que padece a República Democrática do Congo pola extracción deste mineral, etc. No final do proceso, o alumnado terase documentado sobre o consumo responsable, a situación de conflito na R. D. do Congo, o tráfico de armas e o medio ambiente. Participan de forma directa 27 alumnos e alumnas e 200 persoas da comunidade educativa de forma indirecta. Para desenvolver a tarefa, o alumnado agrúpase en equipos, en cada un dos cales hai un responsable que transmitirá as dúbidas, dificultades encontradas no desenvolvemento a través do Messenger, correo electrónico, na aula, etc. O obxectivo básico é coñecer a realidade que se acocha detrás dun produto como o teléfono móbil, ademais de fomentar un consumo crítico e responsable.
Observacións:
Esta experiencia foi presentada no III Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2009, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: