Desarmando o medo

Buscador de recursos

Desarmando o medo

Autoría: Cécile Barbeito
Data: 2004
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
A partir do Día Escolar para a Non Violencia e a Paz (DENIP), o monográfico comeza c unha reflexión en torno da cultura de paz e da necesidade de que esta se traballe cada día. A continuación, e a través da análise de diferentes medios (videoclips, filmes…), repasa os elementos que determinan a cultura da violencia. Igualmente, pretende entender os mecanismos que reforzan a imaxe do inimigo e reflexiona sobre as causas e as consecuencias do uso das armas, pondo ao descuberto que o seu comercio está fora de control. A última actividade anima o alumnado a reescribir algún parágrafo da canción “Fora de control”, cantada por Beth e Kiko Veneno, e dispoñíbel en DVD.
Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Construamos a paz” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria e foi elaborado conxuntamente coa “Escola de Cultura Pau”, da Universitat Autònoma de Barcelona.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: