Desafíos da educación para a mudanza social

Buscador de recursos

Desafíos da educación para a mudanza social

Autoría: Óscar Jara Holliday
Data: 2008
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Óscar Jara termina este artigo citando a seguinte frase de Paulo Freire: "A educación liberadora por si soa non produce a mudanza social. Mais non poderá haber mudanza social, sen unha educación liberadora”.

Esta cita, a modo de conclusión, reflicte o contido e as reflexións que Óscar Jara desenvolve no seu artigo, no cal afirma que a opción por unha educación popular liberadora é unha opción por unha mudanza social da cal a educación fai parte; opción que significa tamén a confianza, a esperanza en que os valores éticos se poden realizar na historia e que os educadores e educadoras teñen unha responsabilidade na súa consecución.

Observacións:
Este artigo foi a base da conferencia que Óscar Jara realizou no I Seminario internacional de Educación para unha cidadanía global (Cortona, Italia, xullo 2008) que contou co mesmo título. Óscar Jara, especialista en educación popular e sistematización de experiencias, é Director Xeral do Centro de Estudos e Publicacións Alforja en San Xosé de Costa Rica e Coordinador do Programa Latinoamericano de apoio é Sistematización de experiencias do CEAAL (Consello de Educación de Adultos da América Latina).

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: