Dereitos moi frustrados

Buscador de recursos

Dereitos moi frustrados

Autoría: Israel García, Marga Florensa, Quique Porcar, Jordi Sant, Anna Duch, Begoña Carmona.
Data: 2014
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego, Inglés
Descrición:
O obxectivo principal deste Global express é recoñecer os dereitos socia¬is básicos como elementos necesarios para loitar contra a pobreza e a desigualdade, entender cómo un sistema fiscal xusto pode contribuír para que non se desmantele o sistema de dereitos, e reflexionar sobre o papel da cidadanía organizada para contribuír para a mudanza social. Durante a proposta, será utilizados numerosos conceptos relacionados cos dereitos sociais: Estado do benestar, democracia, fiscalidade, movementos sociais, economía neoliberal, leis hipotecarias... Propóñense diferentes metodoloxías en cada actividade (análise de gráficos, debates, xogos, procura de información na Internet,...), para dar resposta á diversidade de aprendizaxe e motivacións do noso grupo. Ademais de poder traballar toda a proposta seguindo a orde proposta, as actividades foron concibidas para poder ser traballadas tamén como bloques independentes.
Observacións:
Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: