De maior quero ser…

Buscador de recursos

De maior quero ser…

Autoría: Jennifer Williams Ramos
Data: 2003
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode grazas ao traballo e do que este representa en relación ádignidade humana.

A partir do testemuño de Momema, de Bangladesh, aproxímase da realidade das persoas e das familias que non poden cubrir as súas necesidades básicas ao perderen o seu traballo remunerado e pon sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o concepto de mobilización, a partir dunha cadea humana formada en Dhaka por nenos e nenas que reclamaron o seu dereito á educación.

Este monográfico está proposto para traballar en catro sesións de aula.

Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Dereitos laborais” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: