Consumista eu?

Buscador de recursos

Consumista eu?

Autoría: Gema Bello, Mireia Claverol, Marga Florensa, Laura Martí, Carme Pi, Ferran Polo, María Rico
Data: 2007
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Esta edición de Global Express ten como obxectivo reflexionar sobre os patróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias ambientais e sociais do noso consumo e do noso modelo económico. Co pretexto do Nadal, este material pretende mostrar a influencia que ten o noso ambiente no consumo e tomar conciencia das cousas que temos, moitas delas infrautilizadas. O teléfono móbil serve de pretexto para analizar o comportamento ecolóxico das principais empresas de telefonía móbil a partir da puntuación que lles outorgou Greenpeace e serve tamén para mostrar a realidade que se acocha detrás dun teléfono móbil, como é o caso do conflito na República Democrática do Congo, principal produtora de coltán. Tamén os xoguetes serven de exemplo para pór ao descuberto as precarias condicións laborais, sobre todo por parte das mulleres, en que a miúdo son fabricados os xoguetes que consumimos. O material propón finalmente unha reflexión sobre as accións, individuais e colectivas, que podemos levar a cabo para reducir o impacto medioambiental e social do consumo e fomentar un consumo responsábel.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: