Coñezamos o comercio xusto

Buscador de recursos

Coñezamos o comercio xusto

Autoría: Montse López, Vanessa Quintana
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:
Mediante a lectura duns casos reais, preténdese introducir o comercio xusto como unha alternativa ao comercio convencional. Igualmente, quérese potenciar o consumo responsíbel e fomentar a participación dentro do sistema de comercio. Tras a lectura dos estudos de caso, reflexiónase sobre as vantaxes e inconvenientes deste tipo de comercio e lánzase a proposta de realizar unha acción de presión, a través da redacción e do envío de cartas a tendas e supermercados próximos, nas que se propoña ou reclame a venda de produtos de comercio xusto. Esta proposta está formulada para ter unha duración dunha hora.  
Observacións:
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete. Mudemos as regras, incluída na maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionadas co tema.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: