Como o ves?

Buscador de recursos

Como o ves?

Autoría: Sibila Vigna
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias.

A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir duns datos fornecidos sobre a discriminación da muller no mundo, proponse elaborar un relatorio de denuncia dalgúns casos de discriminación por razóns de xénero en diferentes ámbitos con recomendacións para eliminala.

O traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.

Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Na procura da igualdade” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: