Colaxe de carteis / Conectando mundos_Soños de Andoriña

Buscador de recursos

Colaxe de carteis / Conectando mundos_Soños de Andoriña

Autoría: Pablo Cuenca Pascual
Data: 2010
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Portugués
Descrición:
Esta experiencia nace como parte do traballo da VII edición de Conectando mundos, concretamente na fase final, en que o alumnado quere dar a coñecer o traballo que fixeron e as conclusións a que chegaron coa colaboración do profesor de Plástica, decidiuse realizar un concurso de carteis publicitarios que sintetizaran o traballo realizado polos alumnos e alumnas na plataforma sobre migracións. O cartel vencedor pretendía tornar explícitas as diferentes actitudes mostradas para coas persoas inmigrantes (medo, burla, ira,…). O obxectivo era mellorar a súa acollida por parte dos habitantes da vila, así como provocar a reflexión acerca de que unha boa convivencia necesita dun esforzo mutuo por parte, tanto dos inmigrantes, como da comunidade de acollida. A colaxe de carteis na vila, que ía acompañada dunha explicación sobre o motivo da iniciativa, foi complementada por un conxunto de charlas organizadas polos alumnos e alumnas para o resto do alumnado da escola e todo os seus profesores e profesoras, nas cales se promovía a reflexión sobre a realidade e acerca das propias actitudes.
Observacións:
Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: