Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Buscador de recursos

Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Autoría: Rodrigo Barahona, Joan Gratacós, Gotzon Quintana
Data: 2012
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego, Inglés
Descrición:
Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do contorno e a transformación social). Propomos que un “Centro transformador” é un centro educativo que impulsa o modelo de Educación para unha cidadanía global, desde as prácticas dos seus educadores e educadoras e do equipo directivo, empurrados ás veces por AMPAS, estudantes ou o propio contexto social, nalgúns ou en varios dos distintos ámbitos mencionados. Ser un Centro transformador non é estar ou ter chegado a un estado ideal cristalizado, senón que é estar no camiño de xerar procesos transformadores a distintos niveis. Todas as seccións terminan cunha serie de preguntas que convidan á auto-avaliación do lector ou lectora, e poden inspirar procesos de reflexión máis profundos, sexa individualmente ou en grupo.
Observacións:
COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais. Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade. Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: