Castelos de area

Buscador de recursos

Castelos de area

Autoría: Israel García, Mª Àngels Alié, Marga Florensa, Lucas Pérez, Anna Duch
Data: 2010
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Baixo o nome de “Castelos de area”, este Global express pretende xerar o debate e a reflexión entre os alumnos e as alumnas ao redor da crise económica global. A proposta de actividades para a aula é formulada desde o concreto para terminar cunha visión global. A primeira actividade proposta pretende abordar o tema desde a vertente socioafectiva, para nas seguintes abordar o traballo sobre o concepto de crise e as súas causas a partir da análise de noticias aparecidas en distintos medios de comunicación.
Despois, a través da análise de datos e dun cómic, traballarase sobre as consecuencias desta crise, partindo do contorno máis próximo para terminar abordando as diferenzas do seu impacto nos países do Norte e do Sur.
Coa visión completa e ampla da crise económica, o Global propón unha actividade final cuxo obxectivo é fornecer a visión de crise como oportunidade e sermos conscientes de que podemos contribuír de forma individual e colectiva para que se produzan as mudanzas que queremos.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: