Buscando marcos

Buscador de recursos

Buscando marcos

Autoría: Andrew Darnton y Martin Kirk
Data: 2012
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Inglés
Descrición:

Buscando marcos (Finding Frames) É un relatorio sobre as formas en que os cidadáns se comprometen con temas relacionados coa pobreza global, e sobre cómo as ONGDs e outros actores poderían profundar e ampliar o referido compromiso. O autor é Andrew Darnton (investigador que realizara traballos sobre a percepción da cidadanóa en torno da pobreza), en estreita colaboración con Martin Kirk (Oxfam UK) e un equipo de apoio formado por persoas doutras ONGDs e universidades do Reino Unido.

En primeiro lugar, o relatorio realiza unha análise de datos dispoñíbeis sobre o compromiso (sensibilidade, entendemento, implicación) da cidadanóa do Reino Unido coa pobreza global, e demostra que existe unha diminución ou estancamento significativo na evolución destas actitudes na sociedade inglesa a pesar dos esforzos realizados por múltiplas campañas de sensibilización levadas a cabo por distintas ONGDs.

Posteriormente, o relatorio tenta fornecer elementos de análise para entender por qué o compromiso cidadán coa xustiza global está a diminuír, e para iso analiza bibliografía sobre a teoría de valores e a abordaxe de marcos como un crisol para comprender de qué forma as campañas e a propia acción que desenvolven as ONGs transmiten unhas mensaxes que “configuran” de forma bastante inconsciente a maneira en que as persoas entenden e se vinculan coa pobreza global.

Para finalizar, coméntanse algunhas implicacións que tería para o sector das ONGs asumir o desafío de se autointerpelar desde a teoría de valores e desde a abordaxe de marcos. Porén, o relatorio non “prescribe” solucións, xa que tanto a teoría de valores como a abordaxe de marcos deben ser contextualizados en cada momento e lugar, para asegurar a pertinencia sociocultural da análise da problemática e a procura de alternativas de mudanza.

Observacións:

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: